_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EDUCACIÓN
As 161 bolsas municipais de estudos comezarán a abonarse a semana que vén, no mesmo prazo que o ano pasado

O Concello de Vilagarcía comezará a abonar a mediados da semana que ven as 161 bolsas de estudos concedidas a estudantes universitarios e de ciclos superiores de FP no marco da convocatoria de 2020. A pesares das circunstancias especiais rexistradas este ano, con tres meses de servizos paralizados pola pandemia, o pago realizarase no mesmo prazo que o ano anterior, cando se completou o abono destas axudas municipais na terceira semana de xaneiro. O Concello de Vilagarcía reparte nesta última edición das axudas ao estudo 60.000 euros, tras ter incrementado a partida en 20.000 euros respecto a 2019. Ademais, o goberno anuncia que volverá a incrementar a dotación económica de cara á seguinte convocatoria das axudas, aspectos que xa se está a introducir no borrados do orzamento municipal que se está elaborando.
08.01.2021.- O prazo de presentación de solicitudes das axudas a estudos universitarios e de ciclos superiores pechouse o 17 de outubro cun total de 199 solicitudes cursadas. A partir dese momento o persoal municipal tivo que avaliar cada unha das peticións, abríndose a continuación un prazo de presentación de documentación para que os interesados puidesen solventar algún tipo de carencia de papeis ou xustificantes. Posteriormente, xa con todos os expedientes completos e os informes correspondentes de cada solicitude, a concesión das axudas que cumprían os requisitos das bases foi aprobada pola Xunta de Goberno Local na reunión do pasado 21 de decembro. Seguindo o procedemento habitual, o acordo debe pasar polo departamento de Intervención para a súa fiscalización e, por último ao de Tesourería para completar o trámite das ordes de pago ás entidades bancarias de cada solicitante. As ordes de pago comezarán a emitirse a mediados da semana que vén, unha vez completado o trámite administrativo, polo que o abono en conta dos interesados debe estar realizado no prazo máximo de semana e media a contar dende hoxe. É dicir, na terceira semana de xaneiro, como o ano anterior.

Como se sabe o executivo socialista creou hai cinco anos esta liña de axudas para garantir a igualdade de oportunidades no que á formación e estudos se refire, de xeito que a situación económica familiar non sexa un obstáculo. Por iso as axudas concédense en base aos niveis de renda familiar e ascenden a 400 euros para estudos universitarios e 200 para os ciclos superiores de FP ou estudos de nivel similar.

A maioría das 161 bolsas concedidas nesta última convocatoria corresponde a alumnos que están facendo carreira universitaria, un total de 139, cada un dos cales recibirá 400 euros. Os 22 restantes recibirán bolsas de 200 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2021  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -