_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
A Policía Local cursou 135 denuncias por incumprimento das normas anti COVID nas últimas sete semanas

As labores de vixilancia sobre o cumprimento das normas sanitarias que está levando a cabo a Policía Local de Vilagarcía saldouse coa imposición de 135 denuncias en algo menos das sete semanas comprendidas entre o 25 de outubro, día no que se decretou o confinamento horario entre as 23.00 e as 06.00 horas, e o 10 de decembro. A maior parte das infraccións por incumprir a normativa anti COVID tiveron como causa saltarse o toque de queda ou os horarios de peche establecidos nas respectivas fases das restricións, instruíndose tamén procedementos sancionadores por non levar a máscara, ou non respectar as distancias de seguridade.
18.12.2020.- Das 135 denuncias tramitadas no período sinalado, 61 correspondéronse a saltarse ao toque de queda e os horarios de peche de establecementos hostaleiros. No bloque das 74 restantes atópanse causas como saltarse o peche perimetral sen causa xustificada, algunha de establecemento hostaleiro con clientes consumindo na barra ou no interior do local, cando non se permitía esta opción, por non levar posta a máscara, por permanecer fumando nas portas de bares e por non gardar as distancias de seguridade entre persoas reunidas na rúa ou en terrazas.

De cara ás vindeiras celebracións de Nadal, a Policía Local extremará as labores de vixilancia e control das normas sanitarias, especialmente nos días festivos e as súas vésperas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -