_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Nove proxectos de rehabilitación obteñen financiamento público a través das ARIs de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía

A convocatoria de subvencións realizada polo Concello este ano 2020 para actuacións de mellora e conservación nas tres Áreas de Rehabilitación Integral (ARIs) recoñecinas no termo municipal de Vilagarcía, saldouse coa presentación de 10 proxectos e coa resolución favorable de financiamento para 9 deles.O custe total das actuacións subvencionables ascende a 421.000 euros dos cales 103.000 financiaranse con axudas públicas (76.000 do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, que inclúe as competencias de vivenda, y 26.120 por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda). Practicamente todos os proxectos consisten en obras de rehabilitación e mellora das condicións de habitabilidade das edificacións.
17.12.2020.- O maior número de proxectos, un total de 4, corresponde coa ARI do casco antigo de Vilagarcía, que inclúe zonas domo a do Castro e contorna, A Baldosa, Rey Daviña, Méndez Núñez e rúas intermedias. Os custe das actuacións previstas nestes catro proxectos ascende a 209.000 euros dos que 62.900 son subvencionables. Para a ARI de Vilaxoán presentáronse 3 proxectos cun orzamento conxunto de 52.000 euros dos cales 26.100 fináncianse con fondos públicos. Por último, en Carril promóvense a través desta convocatoria 2 proxectos de rehabilitación valoradas 160.000 euros dos que 24.000 apórtanos as administracións.

A maioría das actuacións presentadas son obras de arranxos e rehabilitacións, como illamento e revestimentos de fachada, cambios de tellado, e tamén traballos para mellorar as condicións de habitabilidade e confort das vivendas que soen ser bastante antigas, polo que estas axudas soen aproveitarse para substituír ventás para mellorar a estanquidade en termos de eficiencia enerxética, ou para realizar obras de accesibilidade.

Unha vez resoltas as solicitudes de subvención por parte do Concello, os proxectos remítense á Xunta de Galicia para a súa comprobación e refrendo.

Estas subvencións correspóndense coa convocatoria realizada polo Concello en 2020 que se financia a través do convenio asinado entre as administracións participantes para o período 2018-2020.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -