_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
ECONOMÍA
Os bonos Son da Casa! de Nadal poderanse adquirir e gastar a partir do sábado 28 de novembro

Os bonos de Nadal da campaña municipal Son da Casa! sairán á venta o vindeiro sábado, 28 de novembro. O Concello reedita a exitosa campaña estreada en verán para incentivar o consumo e contribuír a que comercio, hostalería e outros pequenos negocios poidan ir recuperándose das perdas ocasionadas polos peches da pandemia. Por 20 euros, os cidadáns poderán adquirir un lote de bonos cos que poderán realizar compras por importe de 30 euros, grazas aos 10 euros que aporta o Concello. Os bonos poden adquirirse a través da web sondacasa.vilagarcia.gal, aínda que tamén haberá venta física nun posto que se instalará os sábados pola mañá na Praza de Galicia, comezando o mesmo día que se estrea a campaña, o sábado 28. Só se venderá un máximo de 2 packs por persoa maior de idade.
20.11.2020.- A campaña desenvolverase de finais de novembro a finais de xaneiro para coincidir coa campaña de ventas de Nadal e inicio da de rebaixas. Para que iniciativa beneficie a maior parte posible do sector, dende a Concellería lémbrase aos negocios que non participaron na primeira edición aínda están a tempo de adherirse á edición de Nadal, para o cal deberán anotarse a través da sede electrónica do (Concello sede.vilagarcia.gal). Na campaña de verán participaron 170 pequenos negocios das máis variadas ramas: alimentación madeira, música, téxtil, xoierías, zapaterías, agasallos, florerías, deportes, perruquerías, decoración, clínicas de fisioterapia, librarías, ferraxerías, complementos, paxareiras, papelerías, perfumerías….

A concelleira de Promoción Económica confía en que a edición de Nadal da campaña teña a mesma acollida que a de verán, tanto por parte dos cidadáns, que esgotaron os 3.750 lotes de bonos emitidos, como polos resultados obtidos, xa que ca iniciativa xerou un volume de necio final superior aos 200.000 euros. Isto debeuse a que boa parte das persoas que acudía ás tendas adheridas a comprar cos bonos, facía un gasto superior.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -