_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O remanente de 2019 destinarase ao pavimento do Miguel Hernández e á accesibilidade do cemiterio e Doutor Tourón

O goberno local de Vilagarcía financiará tres importantes obras de accesibilidade cos remanentes dos orzamentos municipais de 2019. Cun importe total que ascende a 785.734 euros, o Concello executará a substitución integral do pavimento do Parque Miguel Hernández e as obras de mellora de accesibilidade no Cemiterio Municipal de Rubiáns e no primeiro tramo da avenida Doutor Tourón. O executivo socialista elevará a proposta de utilización dos remanentes ao Pleno que se celebrará o vindeiro xoves, 26 de novembro.
18.11.2020.- A actuación de maior importe entre as tres incluídas na proposta é a da substitución integral do pavimento do Parque de Miguel Hernández, que conta cun orzamento de 375.283 euros dos que 369.534 obteranse dos devanditos remanentes, completándose o presuposto cos 5.748 euros procedentes da modificación de crédito que tamén se tratará no Pleno do xoves. Trátase dunha actuación moi necesaria debido ao mal estado no que se atopa a maior parte da superficie dos corredores e prazas do parque, con partes levantadas e lousas rotas que dificultan o tránsito das persoas e provocan risco de caídas ou tropezóns.

A segunda actuación más cuantiosa é a das obras de Accesibilidade no Cemiterio Municipal de Rubiáns, nas que se investirán 266.000 euros en acondicionar os corredores e accesos do camposanto de forma que sexan totalmente accesibles para as persoas que o visitan. O proxecto incluirá a construción de ramplas e acondicionamento do firme, entre outras melloras.

Por último, destinaranse 150.000 euros á obra de mellora da accesibilidade na avenida Doutor Tourón, en concreto ao tramo da rúa comprendido entre a encrucillada con Alejandro Cerecedo e a Praza de España. A actuación consistirá no ensanche das beirarrúas nunha vía que ten espazo máis que suficiente ao ser unha rúa de sentido único de circulación de vehículos cunha plataforma de circulación que antigamente dispoñía de dous carrís. Esta obra servirá para completar as dúas actuacións executadas con anterioridade na Avenida Doutor Tourón dende a glorieta da Mariña Española ata os semáforos de Alejandro Cerecedo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -