_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicada a reforma do centro socio cultural e deportivo de Vilaxoán por 78.344 euros

A Xunta de Goberno Local acordou na reunión desta mañá adxudicar á empresa Actividades de Construcciones, Edificaciones y Viales a obra de reforma do centro socio cultural e deportivo de Vilaxoán por 78.344 euros. Con esta actuación o Concello de Vilagarcía adaptará as instalacións municipais ás necesidades actuais dos colectivos que fan uso do edificio situado na explanada do Preguntoiro, o club de Remo e a asociación de veciños. A oferta da empresa que gañou o concurso foi a mellor valorada ao rebaixar o prezo de licitación en 11.794 euros e ampliar en 12 meses o prazo de garantía que, deste xeito, acada os dous anos. Os traballos fináncianse integramente con fondos municipais da partida destinada ao plan de mellora e conservación das dos centros socio culturais do Concello.
09.11.2020.- As obras a realizar fixáronse no proxecto redactado polo Concello despois de escoitar ás asociacións e colectivos que desenvolven a súa actividade no centro e de establecer as súas necesidades. Por iso, ademais de mellorar a accesibilidade no salón de actos os traballos permitirán ampliar espazos para o club de remo e redistribuirán as dependencias interiores para habilitar novas salas para uso veciñal.

As obras previstas afectan unicamente ao interior do mesmo e non supoñen maior ocupación do espazo concedido nin ampliación do volume edificado. Para dar resposta ás necesidades actuais de carácter cultural, as obras consistirán en garantir a accesibilidade ao escenario do salón de actos construíndo unha rampla dende o vestíbulo. Tamén se habilitarán dúas novas dependencias, que se gañan a costa do espazo dedicado actualmente á cafetería, que estaba sobre dimensionada, e que se trasladará de emprazamento dentro do edificio. Isto permitirá construír un pequeno camerino con acceso adaptado.

Para mellorar os servizos das entidades sociais e veciñais, a redistribución interior a costa do bar tamén permitirá habilitar un despacho e unha sala de reunións. De xeito complementario a estas actuacións, desmontarase a cafetería que se trasladará a un espazo máis reducido na fachada principal do edificio.

As adaptación que se levarán a cabo para atender ás necesidades do club de remo empezan coa ampliación do forxado do primeiro andar para destinar o novo espazo á zona de ximnasio. Os tabiques dos actuais despachos da planta baixa demoleranse co que se gañará superficie para o almacenamento de embarcacións e a actual zona administrativa situada no baixo, reubicaranse nun local do primeiro andar.

As obras completaranse coa reforma da instalación eléctrica e colocación de elementos de iluminación nas zonas que se amplíen ou reformen.Os traballos aproveitaranse para realizar unha revisión xeral da cuberta do edificio e para labores de mantemento da mesma para arranxar filtracións, limpeza e selado de xuntas, emboquillados e canelóns.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -