_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O protocolo de acceso aos cemiterios municipais por Defuntos prevé a ampliación de horarios o domingo

O Concello de Vilagarcía habilitou un protocolo especial de seguridade fronte ao COVID para regular as visitas aos cemiterios municipais de cara á celebración da conmemoración do Día de Defuntos en base ás normas ditaminadas pola Xunta de Galicia. O protocolo aplicarase nos dous cemiterios de competencia municipal, o da avenida de Rubiáns e o de Carril, onde se establecerá un sistema de entrada e saída únicas e diferenciados e onde, a maiores das demais normas de seguridade, se prega limita a 30 minutos o tempo das visitas para evitar concentracións e favorecer o fluxo fluído e seguro das persoas. Estas medidas poderían mudar en función de cómo evolucione a pandemia ao longo da semana e en función do que ordenen as autoridades sanitarias.
As normas para visitar os cemiterios esta fin de semana advertiranse mediante carteis informativos. No de Rubiáns, establecerase unha única entrada pola porta central, mentres que as laterais só se usarán como saída. No de Carril, o acceso farase pola entrada principal e a saída pola da parte posterior. Por suposto, deberán cumprirse todas as normas impostas e xa en vigor, como o uso de máscara e manter a distancia de seguridade de 1,5 metros. Deberán evitarse as concentracións e os grupos familiares convivintes non poderán ter máis de 4 persoas. Persoal municipal percorrerá de forma constante as instalacións para informar aos visitantes e asegurarse de que se cumpren as normas de seguridade.


Outras recomendacións

Para tratar de evitar a concentración de xente, o Concello amplía o horario de apertura dos camposantos, que o domingo 1 de novembro poderán visitarse entre as 8 da mañá e as dez da noite. O resto dos días mantense o horario habitual de 10 a 19 horas. Co mesmo obxectivo pídese á cidadanía que se evite acudir aos cemiterios ás horas máis concorridas, que espacien as visitas e que reduzan o tempo das mesmas o máximo posible. Ademais, lémbrase que os cemiterios de Vilagarcía están abertos durante todo o ano polo que, aínda conscientes do apego social á conmemoración dos Defuntos, dadas as especiais circunstancias que estamos a vivir pola pandemia, aconséllase ás persoas que poden ir a honrar aos seus finados calquera outro día, eviten na medida do posible facer a visita esta fin de semana.

A misa da tarde trasládase á igrexa parroquial

Tamén para evitar concentracións no camposanto, a misa que tradicionalmente se celebra o 1 de novembro ás 17 horas na capela do cemiterio municipal de Rubiáns trasladarase á igrexa parroquial de Santa Baia de Arealonga.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -