_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O 71% dos beneficiarios das axudas sociais que concede o Concello son de nacionalidade española

A maiores de coñecer as simples cifras das axudas de emerxencia concedidas e dos cartos investidos polo Concello para atender as necesidades básicas e de primeira necesidades das persoas máis vulnerables, o estudo da memoria anual dos Servizos Sociais permite facer unha radiografía máis detallada da situación e composición social do municipio. O análise dos datos permite, por exemplo, romper falsas crenzas, como a de que son os emigrantes os que reciben máis axudas, ou contrastar o sesgo de xénero que aínda se percibe á hora de acudir a solicitalas.
No primeiro caso, e revisando os datos extraídos da memoria dos Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía relativos ao ano 2019, advírtese que a inmensa maioría das persoas que solicitaron e ás que se lle concederon as Axudas de Inserción Social Municipal (AISM) foron cidadáns de nacionalidade española, en concreto o 71% do total. É dicir, que dos 342 expedientes tramitados, 247 corresponderon a súbditos nacionais, fronte os 95 de persoas de diversos países. Dentro deste 29% de beneficiarios estranxeiros, os máis numerosos foron os venezolanos (10,8%), polo que o 18,9% restante distribúese de forma residual entre nacionalidades tan diversas como marroquí, romanesa, brasileira, colombiana, arxentina, cubana; e de forma aínda moito máis puntal a outras como a italiana, portuguesa, paraguaia, tailandesa ou uruguaia.

Iso en canto aos falsos estereotipos, porque os datos tamén revelan que pese a atoparnos en pleno século XXI, seguen detectándose certos sesgos de xénero que se repiten ano tras ano. De feito, a maioría das persoas que acudiron en 2019 aos Servizos Sociais do Concello a solicitar axudas foron mulleres (o 72%).En termos absolutos, nos 342 expedientes de Axudas de Inserción Social Municipal tramitadas no Concello o ano pasado, en 247 figuran como solicitantes mulleres, fronte aos 95 tramitados por homes.

Aínda que este dato pode ter que ver coa realidade de que é maior o número de mulleres que viven soas ou son cabezas de familia e que se atopan en situación de risco social, tamén o é que aínda non sendo así, é dicir, convivindo ou compartindo a responsabilidade familiar con algún varón, e moito maior a proporción de casos nos que é a muller a que finalmente recorre aos Servizos Sociais a demandar a axuda de emerxencia que precisa o seu núcleo familiar.


Os Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía tramitaron en 2019 un total de 342 expedientes de Axudas de Inserción Social Municipal (AISM) co obxecto de atender situacións de urxente necesidade, garantir mínimos de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e de inclusión social. Dado que nunha mesma solicitude ou expediente poden recollerse ata tres conceptos diferentes de axuda, o número total de axudas concedidas é moi superior ao de expedientes tramitados. A porcentaxe de solicitudes que se denegan e moi pequena, non chegando ao 14% do total de solicitudes realizadas.
Para financiar as axudas concedidas a través destes 342 expedientes, o Concello destinou 185.253,93 euros de fondos propios.

As máis demandadas son para pago de aluguer

Existen tres modalidades de axuda: as de pago único e de carácter puntual que se conceden para dar resposta inmediata a unha emerxencia de primeira necesidade (vivenda, uso básico e equipamentos da vivenda, medicinas, desprazamento de urxencia, enterramentos…); as axudas infantís de carácter periódico, denominadas antigamente axudas á lactación por estar destinadas a compra de produtos alimenticios e hixiénicos para fillos de ata 18 meses (leite infantil, cereais, potitos, panos…); e as axudas alimenticias e de hixiene de carácter periódico para familias con menores ao seu cargo.

Seguindo a tónica do ano anterior, as axudas máis demandadas en 2019 foron as destinadas ao pago do aluguer de vivenda (son axudas dun único pago), que case duplican á suma das restantes. Séguenlle as axudas periódicas para alimentos e produtos de hixiene, tanto na modalidade de lactantes como para familias con fillos menores. A continuación situaríanse as axudas demandadas para afrontar o pago da letra da hipoteca, sendo tamén esta unha axuda única de carácter puntual, ao igual que as solicitadas para asuntos como o pago do recibo da luz, auga, gas, comunidade, derramas….

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -