_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello axiliza os trámites para retranquear o muro dos colexios da Lomba na Rúa Xunqueira

A proposta do goberno local de Vilagarcía para retranquear o muro do recinto escolar da Lomba no tramo da Rúa Xunqueira co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria nesta concorrida vía abordarase no Pleno do vindeiro xoves. A Corporación Municipal deberá acordar dirixirse á Consellería de Educación da Xunta de Galicia, titular dos colexios, para solicitar a cesión da franxa de terreo necesaria para acometer a actuación. O permiso do organismo autonómico é indispensable para realizar a obra que financiará integramente o Concello.
23.10.2020.- A concelleira de Mobilidade anunciou a principios deste mesmo mes a proposta municipal para mellorar a seguridade viaria na estreita rúa da Xunqueira mediante o retranqueo do muro do recinto educativo. Dada a problemática que se vive a diario á hora de entrada e saída dos colexios nunha rúa que acolle un intenso tráfico de turismos e do transporte escolar, a maiores do tránsito dos escolares que acoden a pé e que carecen de beirarrúas de protección nunha rúa moi estreita, o goberno local pretende axilizar ao máximo os trámites para poder levar a cabo as necesarias obras.

Aínda que técnicos da Consellería xa visitaron a zona xunto coa concelleira de Mobilidade, Poala María para comprobar a viabilidade da proposta, é necesario contar coa autorización expresa do organismo autonómico, xa que debe ceder unha franxa de terreo de 2 metros de ancho no lateral que da á Rúa Xunqueira. A medida non afectará apenas aos colexios, que seguirán cotando cun extenso patio para o esparexemento dos escolares. Pola contra, resultará moi positiva ao reducir os riscos de atropelos.

A proposta municipal consiste en desprazar dous metros o peche do recinto en todo o lateral da Rúa Xunqueira, o que suporá un gran alivio para a devandita rúa que gaña ese ancho. O Concello asumiría o custe da obra, que ascende a 41.000 euros, e para os que xa disporía de financiamento, polo que, de conseguir o permiso da Consellería, o retranqueo podería contratarse de forma inmediata.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -