_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O enlousado do Parque Miguel Hernández substituirase por completo con cargo ao superávit do 2019

O Concello de Vilagarcía substituirá toda a pavimentación do Parque Miguel Hernández. A obra levarase a cabo o vindeiro ano e financiarase con cargo ao superávit orzamentario de 2019. A actuación require certa premura dado o mal estado no que se atopa a maior parte da superficie enlousada, con partes levantadas e lousas rotas que dificultan o paseo das persoas e provocan risco de caídas ou tropezóns. Para evitar isto último e mentres non se completan os trámites para executar o proxecto, o servizo de Obras realizará un arranxo provisional das zonas máis afectadas.
19.10.2020.- O firme dos corredores e das prazas do Parque Miguel Hernández presenta un estado deficitario dende hai anos debido ao levantamento e rotura das lousas que o conforman, un problema que xurdiu aos poucos anos de terse inaugurada a zona de esparexemento e que, a pesares dos arranxos puntuais realizados, segue avanzando dadas as características do material base utilizado na súa construción no ano 2002: lousas de pizarra que escaman, rompen e se levantan con moita facilidade.

A posibilidade de arranxar as zonas máis afectadas desestimouse por dúas razóns: a primeira porque si se quere manter a uniformidade estética habería que utilizar os mesmos materiais, polo que a curto prazo, os problemas regresarían e habería que volver a investir en arranxos. E a segunda, porque é tal a superficie afectada, que a opción máis rendible a longo prazo é actuar en todo o parque e aproveitar para cambiar o actual firme por outro realizado con materiais máis resistentes e que precisen de menor mantemento.

Trátase dunha actuación ambiciosa que precisará dun elevado presuposto pero que porá fin á problemática que esta importante zona verde de esparexemento e recreo dos vilagarciáns sofre dende hai uns quince anos.

Para garantir a seguridade dos peóns, operarios do departamento de Obras comezarán esta mesma semana a arranxar as zonas en mal estado, retirado as lousas rotas e cubrindo os ocos con formigón para nivelar o firme. Trátase, como xa se dixo, dunha solución provisional mentres non se completan os trámites administrativos relativos ao superávit e se licite o proxecto que xa se comezou a redactar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -