_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
O Concello únese a Adicam nos actos do Día Mundial do Cancro de Mama o 19 de outubro

O Concello de Vilagarcía súmase á asociación Adicam nos actos de conmemoración do Día Mundial do Cancro de Mama que se celebra cada 19 de outubro. Con motivo desta data e para tratar de dar maior visibilidade a esta enfermidade e aos colectivos que traballan na loita da mesma e con persoas afectadas, o Concello iluminará o luns as fontes da Praza da Independencia e de Galicia e o obelisco da cor rosa que simboliza esta causa.
18-10.2020.- Adicam xurdiu no 2001 en Cangas, polo leva case 20 anos traballando por e para as persoas diagnosticadas e as súas familias. A día de hoxe é unha das poucas asociacións de cancro de mama de Galicia; e as súas sedes sitúanse na provincia de Pontevedra, aínda que cada vez son máis as persoas que se poñen en contacto con colectivo dende diferentes puntos da comunidade. Conta con 1550 socios/as, entre colaboradores, profesionais, diagnosticadas, e persoas solidarizadas coa causa

Os sus principais obxectivos son mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico e a das súas familias e coidadores, promover a detección precoz e sensibilizar sobre esta enfermidade, dinamizar a comunidade, e promover os hábitos de vida saudables entre a poboación en xeral.

A pesares da actual pandemia, Adicam continúa traballando, porque o cancro non para: Cada ano se diagnostican máis de 30.000 novos casos en España, persoas que precisan do apoio deste tipo de colectivos. Con motivo do Dia Mundial do cancro de Mama, cada ano ADICAM celebra ao longo do mes de outubro numerosas actividades. Dada a situación da pandemia, este ano será atípico, pero igualmente desenvolverán unha ampla programación atendendo a todas as medidas de seguridade precisas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -