_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
Os bonos “Son da Casa” inxectaron na economía local algo máis de 200.000 euros, polo que se reeditarán en Nadal

A campaña de bonos-compra “Son da Casa” posta en marcha polo Concello de Vilagarcía para contribuír á recuperación da economía local tras os peches motivados pola pandemia tivo o efecto revulsivo que se esperaba xa que os 37.500 euros aportados polo Concello xeraron un volume total de negocio superior aos 200.000 euros nos establecementos comerciais, hostaleiros e de servizos adheridos á iniciativa. Dada a repercusión positiva que a medida tivo na economía local, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela e a concelleira de Promoción Económica, Alba Briones, anunciaron hoxe que haberá una segunda edición dos bonos “Son da Casa” coincidindo coa tempada de ventas de Nadal.
15.10.2020.- A campaña de bonos “Son da Casa” desenvolveuse do 1 de xullo ao 30 de setembro. Neste período o Concello emitiu 3.750 packs de bonos cos que mercar nos 170 establecementos adheridos á iniciativa. Cada pack custaba 20 euros pero permitía facer compras por importe de 30 euros, xa que o Concello aportaba 10 euros a cada lote a efectos de incentivar o consumo. Polo tanto, as transaccións comerciais realizadas cos bonos xerarían un volume de actividade por valor de 112.500. Maila isto, a repercusión economía local foi case do dobre, superando os 220.000 euros, posto que as persoas que pagaron cos bonos realizaron compras por valor superior ao dos tickets, demostrándose así que actuaron como incentivo ao consumo, que era o que se buscaba para axudar a comercio, servizos e hostalaría a recuperarse das perdas sufridas.

A maiores das cifras, e de que municipios da contorna e incluso o Concello de Granada contactara co de Vilagarcía para interesarse pola campaña para poñela en marcha nos seu territorios, tamén poñen de manifesto o éxito dos bonos “Son da Casa” as valoración realizadas tanto polos propietarios dos establecementos participantes como dos propios cidadáns que se beneficiaron da avantaxa que lles supuxo pagar 20 euros por compras de 30.

Diversificación do consumo segundo o mes do ano

Segundo corroboran os tickets emitidos polos establecementos que fixeron transaccións cos bonos, nun primeiro momento da campaña, a maior parte das compras realizáronse en sectores relacionados coa decoración e pequenas reformas e fogar; entrado o verán incrementouse a venta de roupa, calzado e consumicións en hostalería, mentres que en setembro o consumo xirou cara a artigos relacionados coa “volta ao cole”: en librarías, papelerías, roupa de deporte…

Varela Paz comentou que “dende o primeiro momento, este goberno ten como liña principal de actuación axudar aos colectivos e persoas máis vulnerables e necesitadas. Fixémolo incrementando os recursos e presuposto para os Servizos Sociais e con todo tipo de axudas para botar unha man onde era preciso, como coa creación das axudas aos estudantes universitarios e de ciclos superiores ou as axudas á creación de emprego, por nomear algunhas. E agora, con esta crise do coronavirus, potenciamos aínda máis esta liña de actuación creando axudas específicas para tratar de salvar a economía local aos vilagarciáns que máis están a sufrir as consecuencias. Para elo creamos as liñas de axudas COVID e puxemos en marcha esta os bonos. Segundo indicou o alcalde, o investimento realizado polo Concello para tratar de paliar os efectos económicos da pandemia superou o medio millón de euros.

A concelleira de Promoción Económica explicou que o Concello recibiu 540 solicitudes das axudas COVID para negocios que sufriran perdas durante o peche polo Estado de Alarma. Delas, máis do 90% foron aprobadas e a maioría xa se aboaron.

O rexedor engadiu que “a crise económica aínda perdurará e que dada a evolución da pandemia, as restricións a certas actividades seguen a ser necesarias, razón pola cal continúan sendo precisas as iniciativas tendentes a tratar de paliar os efectos negativos das limitacións”, razón pola cal o Concello reeditará a campaña de bonos Son da Casa de cara ao Nadal.

Briones explicou que estanse a concretar as datas exactas da nova fase da campaña, aínda que a idea é que comece a finais de novembro e se desenvolva ata finais de xaneiro. Todo o demais será igual que na primeira edición. O Concello aportará 37.500 euros para emitir 3.750 packs de bonos que se venderán “online”. A validación nos comercios tamén se fará mediante a lectura de códigos “o que seguirá contribuíndo á dixitalización do sector servizos local que, unha vez realizada a primeira experiencia, xa comprobaron que non ten maior dificultade”. A concelleira tamén anunciou que, como xa aconteceu en verán. Farase algunha venta física de bonos para facilitar o seu aceso ás persoas que non dispoñan de medios dixitais. T

Por último, advertiu que os negocios que non tiveran participado na primeira edición pero que estean interesado en facelo na de Nadal, están a tempo de adherirse, invitándoos a non perder esta boa oportunidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -