_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello destina 50.000 euros á nova convocatoria das axudas a empresas para a contratación por conta allea

A Concellería de Promoción económica e Emprego do Concello de Vilagarcía convoca unha nova edición das Axudas municipais a empresas para a contratación de traballadores desempregados empadroados no municipio. O departamento que dirixe Alba Briones destina 50.000 euros á liña de subvencións coa que se pretende fomentar a creación de emprego e contribuír á estabilidade e mellora das condicións laborais dos traballadores empadroados na cidade. As empresas beneficiarias recibirán axudas que oscilarán entre os 500 e os 3.000 euros por contrato, en función da duración e características do mesmo.
08.10.2020.- As axudas municipais á contratación por conta allea foron unha medida creada hai cinco anos polo executivo socialista no marco das políticas locais de fomento do emprego e de promoción económica. A convocatoria persegue potenciar a creación e mantemento do emprego por conta allea mediante incentivos económicos ás empresas. Trátase dunha acción máis para tratar de provocar o descenso dos índices de paro entre os vilagarciáns, loitar contra a precariedade e a temporalidade laboral e ir avanzando na consolidación do emprego xa existente. Por iso, ademais dos contratos de nova creación, considéranse subvencionables a través desta liña de axudas as contratacións indefinidas, conversións en indefinidos de contratos temporais ou de duración determinada, así como os temporais con duración mínima de 6 meses. Tamén se prevé a posibilidade de subvencionar contratacións a tempo parcial no caso no que pola natureza da actividade da empresa, a xornada de traballo sexa inferior á legalmente establecida para ser considerada a tempo completo.

Para empresas das comarcas do Salnés e Caldas

Poden concorrer a esta liña de axudas empresas emprazadas nas comarcas do Salnés e Caldas sempre que os traballadores afectados estean empadroados en Vilagarcía. Unha mesma empresa so pode optar a axudas para un máximo de 3 contratacións en cada convocatoria.

Na edición correspondente ao ano 2019, un total de 14 traballadores de Vilagarcía accederon a un contrato laboral por conta allea ou consolidaron a súa situación laboral en outras tantas empresas da zona grazas a estas subvencións municipais. Os contratos foron realizados por 14 empresas de diferente tamaño e sectores. Cinco das propostas recibiron a axuda máxima de 3.000 euros, mentres que outras seis se achegaron moito, con subvencións de 2.750 euros, e unha obtivo 2.250 euros. Os últimos 2 contratos recibiron 1.750 euros. Nesa convocatoria, o importe total das axudas concedidas pola administración local ascendeu a 37.250 euros. Dadas as circunstancias actuais coa crise resultado da pandemia, espérase que este ano se demanden máis axudas para o cal se dispón da partida de 50.000 euros

Bases da convocatoria

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases que regulan a convocatoria destas subvencións que as empresas poden comezar a solicitar a partir de mañá, 9 de outubro. O prazo remata o 30 de novembro ou ata a esgotar a partida. As solicitudes deben presentarse a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal). Os requisitos completos, así como a documentación a aportar figura nas propias bases publicadas no BOP e que están penduradas no taboleiro de anuncios da sede e do portal municipal http://www.vilagarcia.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -