_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Adxudicada por 40.627 euros a ampliación do parque canino de Fexdega e a creación dos do Piñeiriño e A Tomada

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe adxudicar á empresa Zona de Ocio O Rosal o contrato para a ampliación do parque canino de Fexdega e a creación de infraestruturas similares no barrio do Piñeiriño e na zona de A Tomada (Carril). A actuación, que se financia a través do Plan Concellos da Deputación, adxudicouse por 40.627 euros, o que supón un aforro de 7.170 euros respecto ao prezo de licitación. Ademais, a empresa ofertou a maiores do recollido nos pregos a instalación dun valado perimetral no parque de Fexdega.
05.10.2020.- Con esta nova actuación, o Concello de Vilagarcía continúa aportando pola creación de espazos dedicados en exclusiva ao ocio e esparexemento dos cans que se sumen ás infraestruturas xa existentes en Fexdega e na praia do Castelete, en Sobradelo. O contrato que se vén de adxudicar consiste no subministro e instalación de material e mobiliario urbano axeitado para este tipo de instalacións.

Así, comprarase a madeira para construír os valados perimetrais que terán 1,2 metros de alto e unha separación entre barrotes non superior aos 5 centímetros, a efectos de evitar que se poidan escapar os cans de menor tamaño. Os recintos contarán con acceso de dobre porta e zona intermedia onde os donos poden quitar e colocar comodamente a correa aos animais á entrada e saída do recinto, evitando así que se lles poidan escapar cara a calzada. Tamén se dotará a cada espazo de papeleira con dispensador de bolsas para a recollida de excrementos, papeleiras para refugallos xenérico, bancos para as persoas, panel informativo e fonte con dúas billas, unha delas dotada de pileta onde poidan beber os cans.

O novo espazo a crear en Fexdega terá unha superficie total de 1.192 metros cadrados e emprazarase na parcela situada a continuación do actual parque de xogos caninos. Na urbanización do Piñeiriño, xunto ao parque público, crearase a nova zona de uso exclusivo para cans cunha superficie de 816 metros cadrados e a da Tomada disporá de 1.563 metros de superficie.

O goberno socialista creou no anterior mandado o primeiro parque canino do Concello en Fexdega, unha infraestrutura demandada tanto polos donos de mascotas como polo resto da cidadanía, xa que a dispoñibilidade de recintos exclusivos para cans contribúe ao benestar dos propios animais, que dispoñen dun espazo propio para exercitarse e xogar con outros animais sen necesidade de usar parques, zonas verdes ou outros espazos públicos pensados para o goce e esparexemento de persoas. Ademais, esta separación evita os típicos problemas de hixiene e limpeza e facilita a convivencia entre cans e persoas. Seguindo estes mesmos obxectivos, tamén se habilitou a Praia do Castelete como Praia Canina.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -