_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello propón retranquear o peche dos colexios na Rúa Xunqueira para mellorar a accesibilidade e previr o covid

O Concello de Vilagarcía pretende retranquear o muro dos colexios da Lomba que linda coa Rúa Xunqueira como solución á problemática que se está rexistrando nesta estreita rúa debido á norma que impide ás familias entrar nos recintos escolares cando van a deixar e recoller aos seus fillos. A prohibición, posta en marcha este ano como medida de prevención do covid, está causando neste lugar o efecto contrario, xa que os familiares se aglomeran nunha rúa moi estreita, cunha única beirarrúa de apenas un metro de ancho e na que xa antes se producían problemas de convivencia entre o paso de vehículos e o de peóns.
03.10.2020.- O desprazamento do muro permitiría gañar máis espazo para que os familiares poidan esperar mantendo as distancias e que nenos e adultos poidan camiñar comodamente e sen expoñerse ao paso dos vehículos privados e do transporte escolar que circula pola estreita vía.

A proposta municipal consiste en desprazar dous metros o peche do recinto en todo o lateral da Rúa Xunqueira, o que suporá un gran alivio para a devandita rúa e que, sen embargo, non repercutirá nos colexios, que seguirán cotando cun extenso patio para o esparexemento dos escolares.

A medida se planteou hai tempo aos directores dos dous colexios alí emprazados, o Arealonga e o da Lomba, e nas próximas semanas elevarase aos respectivos consellos escoares e tamén ao pleno da Corporación Municipal. Como afecta a terreos da Consellería de Educación, a actuación debe ser autorizada polo departamento autonómico ao que o Concello se dirixirá de seguido. O Concello asumiría o custe da obra, que ascende a 41.000 euros e para os que xa disporía de financiamento, polo que, de conseguir o permiso da Consellería, o retranqueo podería contratarse de forma inmediata.

Maila que a actuación proposta responde á necesidade de garantir a dispoñibilidade de espazos que permitan manter as distancias e evitar as aglomeracións, conforme ás normas de prevención do covid, o retranqueo do peche da Rúa Xunqueira tería outros efectos beneficiosos, tanto para a comunidade escolar como para a propia veciñanza, posto que se daría amplitude a unha rúa moi estreita que actualmente so dispón dunha beirarrúa no lado oposto ao recinto escolar, que non chega a un metro de ancho, e cun angosto corredor peonil pintado na beira oposta que con frecuencia invaden os vehículos, co conseguinte risco que isto supón para os peóns.

Encaixe perfecto no proxecto de Camiños Seguros

Ademais, o retranqueo do peche do recinto escolar encaixa perfectamente no proxecto no que a Concellería de Urbanismo e Mobilidade ven traballando dende o ano pasado para a creación dos Camiños Escolares Seguros e que prevé actuar na zona, acondicionando os accesos aos colexios baixo criterios de seguridade viaria e accesibilidade. Por outra banda, o desprazamento do peche tamén permitirá dispor de espazo suficiente para introducir unha ciclovía pola zona, outras das iniciativas que está a desenvolver o departamento que dirixe Paola María.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -