_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
A Policía contará cun coche con lector de matrículas para controlar o tráfico nas vías urbanas

A Policía Local de Vilagarcía contará en breve cun medio adicional para controlar o tráfico que facilitará a labor dos axentes e contribuirá a mellorar a fluidez da circulación e a seguridade viaria na cidade. Trátase dun sistema de cámaras con lector de matrículas para instalar nun coche patrulla, que o Concello acaba de sacar a licitación por importe de 30.855 euros (impostos incluídos). O contrato inclúe o subministro e instalación das cámaras e equipos informáticos correspondentes no vehículo e nas dependencias municipais, as aplicacións e a impartición da formación necesaria para o manexo dis mesmos por parte dos axentes e do persoal municipal. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 14 de outubro.
29.09.2020.- O uso de lectores de matrículas en coches patrulla é un medio moi utilizado xa nas principais cidades españolas, a máis próxima Pontevedra, onde opera xa dende hai tempo. O sistema complementará as labores que xa realizan os axentes que patrullan a pé, coa avantaxa de que permite abarcar maior extensión en menor tempo. Tratase pois dun medio adicional de control de tráfico e de detección de infraccións que servirá de apoio e medio de proba das denuncias formuladas ao aportar fotografías, cos data, hora, posición e datos do axente que formula a denuncia.

Segundo as experiencias doutros lugares, a existencia deste tipo de sistema móbil de control de tráfico ten efectos positivos a curto e medio prazo ao actuar como elemento disuasorio en canto á comisión de infraccións (estacionamentos indebidos, circular por zonas peonís, etc…) e, polo tanto, mellora a seguridade viaria.
O sistema que se licita estará composto por equipamento hardware para instalar no vehículo (CPU, pantalla táctil, cámaras e impresora), conectado á aplicación informática instalada nas oficinas e que permitirá realizar a lectura automática das matrículas dos vehículos, tanto parados como en movemento, e tanto de día como de noite. Isto permitirá xestionar o control de aparcamentos, zonas azuis, acceso a áreas peonís e outras zonas restrinxidas…, realizar denuncias e consultas coa DGT. O sistema instalado na Xefatura policial constará de ordenador e de aplicación informática de xestión de denuncias.

A empresa adxudicataria deberá encargarse de instalar todos os sistemas e de probalos debidamente, proporcionar apoio técnico e impartir un plan de formación sobre o uso e manexo dos mesmos destinado aos axentes da policía e ao persoal municipal de oficinas e departamento de Informática.

A adquisición do equipamento finánciase a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Esta non é a única medida que adoptará o Concello de Vilagarcía para seguir incidindo na seguridade viaria. De feito tamén está previsto implantar medios para garantir que os vehículos non autorizados circulen por zonas peonís, tales como sistemas de control de acceso ou de vixilancia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -