_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello recibe unha única oferta para subministrar o camión aspirador para a rede de saneamento

Os servizos técnicos municipais están avaliando a única oferta presentada para subministrar ao Concello un camión con equipo aspirador-impulsor destinado á limpeza da rede municipal de saneamento. A adquisición deste vehículo suporá unha importante mellora para o mantemento e funcionamento das canalizacións de augas residuais, xa que permitirá axilizar a súa limpeza e solucionar as obturacións que se poidan producir. A compra do camión aspirador licítase por 166.701 euros que se financian con fondos municipais e do Plan Concellos da Deputación. O investimento amortizarase rápido, posto que a compra permitirá prescindir doa empresa contratada actualmente para realizar estas labores.
29.09.2020.- A adxudicataria do subministro disporá dun prazo de 2 meses para entregar o vehículo debidamente rotulado coa imaxe corporativa do Concello e dotado cos equipos e sistemas establecidos nos pregos. O camión debe incorporar unha cisterna, con capacidade mínima de 1.300 litros, dividida en dous compartimentos estancos, un para lodos e outro para auga limpa. Disporá de bomba de pistóns e bomba de baleiro, sistema de autolimpeza de depósitos e carrete hidráulico para a recollida de 40 metros de mangueira.

O contrato inclúe o servizo técnico de mantemento, revisión e reparación do vehículo mentres estea vixente o prazo de garantía do vehículos (mínimo de 2 anos) e a adxudicataria deberá ofrecer un curso de formación no uso do camión e os seus equipamentos ao persoal municipal do servizo correspondente.

De cumprir todos os requisitos establecidos, o subministro adxudicarase nos vindeiros días.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -