_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
A Xunta decreta restricións no Concello por considerar que a situación está “empeorando” aínda que o brote “pode ser controlado”

A Xunta de Galicia, atendendo ás recomendacións do Comité Clínico, decidiu establecer restricións en canto ás relacións sociais para tratar de impedir que o incremento de contaxios, que se vén observando dende principios de setembro, siga avanzando. Entre outras medidas, redúcense os aforos en comercio, hostelería e cultura e tamén se reduce o número de persoas que poden participar nunha reunión, sexa pública ou privada, que pasa a 10. No caso dos maiores de 75 anos, recomendase saír á rúa o menos posible ou facelo fóra das horas de máis aglomeración.
24.09.2020. Tanto as novas esixencias das autoridades sanitarias coma a súa xustificación figuran no Diario Oficial de Galicia 193 bis, que foi publicado na noite de onte, dez horas despois de que se anunciaran tales medidas ao alcalde e apenas 3 antes da súa entrada en vigor. Na exposición de motivos, a Xunta alega que “de acordo co informe sobre a situación epidemiolóxica elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública o 23 de setembro, a taxa de incidencia no concello de Vilagarcía de Arousa está a aumentar desde principios de setembro. Este aumento é máis do dobre entre o 16 e 22 de setembro, o que indica un empeoramento da situación epidemiolóxica. A estimación puntual do número reprodutivo instantáneo leva, desde o día 10 de setembro, por riba do 1,5, con momentos por riba do 2 e co intervalo de confianza superior acadando nalgúns momentos o 4, o que implica que cada caso pode xerar entre 2 e 4 casos secundarios”.

Engade a Consellería de Sanidade que o feito de que Vilagarcía de Arousa “teña unha estrutura, na súa meirande parte, urbana -de feito é o noveno concello en número de habitantes de Galicia-, que as taxas de incidencia estean en aumento e que o número reprodutivo instantáneo tamén estea elevado fai previsible que o brote neste concello continúe o seu crecemento. O informe considera que este brote ten a capacidade para seguir crecendo pero tamén pode ser controlado se se establecen as medidas adecuadas, polo que recomenda establecer restricións neste concello de Vilagarcía de Arousa”.

Como consecuencia, a Xunta decreta unha serie de medidas similares ás que xa están en vigor noutros concellos como Pontevedra, Marín ou Poio, malia que os datos de Vilagarcía son mellores. É dicir: uso obrigatorio da máscara, incluso en recintos deportivos; prohibición de servir nas barras dos bares; limitación do aforo en establecementos hostaleiros e de comercio; redución a só 60 persoas as que poden acudir a unha representación no auditorio; recomendación de que os maiores de 75 anos limitar as súas saídas á rúa ou facelo fóra das horas de maior presenza de xente. Velorios, vodas e mercadiños vén tamén limitada a asistencia de público.

Consulta aquí o texto íntegro da resolución da Xunta (DOGA 193 bis):
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -