_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Convocado o concurso de ideas para construír as piscinas ao aire libre na praia da Concha-Compostela

O Concello de Vilagarcía vén de convocar o concurso de ideas para construír as piscinas ao aire libre na Praia da Concha Compostela e reordenar a contorna da nova instalación. Cunha dotación económica de 14.500 euros, a proposta gañadora obterá un premio en metálico de 7.000 euros, así como a adxudicación directa da redacción do proxecto construtivo e a dirección de obra, contrato valorado en 41.000 euros máis. Os interesados dispoñen de prazo ata o día 2 de novembro para presentar as súas propostas conforme aos criterios e requisitos que se especifican nas bases dispoñibles na plataforma de contratación do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal) e na web do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (portal.coag.es)
21.09.2020.- Para convocar o concurso o Concello de Vilagarcía contou coa colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que se encargou de redactar as bases e que, ademais, intervirá no proceso ofrecendo asesoramento e soporte técnicos, difundindo a convocatoria entre todos os colexios profesionais de España e en plataformas internacionais e participando no xurado.

A construción de piscinas ao aire libre na praia da Concha-Compostela é unha das propostas máis innovadoras incluídas no programa electoral do goberno que preside Alberto Varela para dinamizar a praia urbana, polo tanto a idea xa viña de tempo atrás. Tendo en conta os obxectivos marcados dende a Concellería de Urbanismo, Mobilidade e fondos FEDER e os criterios técnicos determinados polo COAG, o xurado premiará as propostas que, atendendo ás necesidades especificadas nas bases, se consideren modélicas en innovación, eficiencia y sustentabilidade enerxética.

Límite orzamentario de 400.000 euros

O emprazamento proposto para instalar as piscinas e ao que se deberán axustar as propostas, é a área comprendida entre a segunda e terceira pasarelas de madeira (vindo dende o piñeiral da Concha cara a Compostela) e que suma 7.600 metros cadrados.. A modo orientativo, o COAG marca como custe máximo da obra proposta os 400.000 euros, polo que todas as actuacións presentadas a concurso deberán axustarse a ese limite orzamentario.

Poderán proxectarse dous ou tres vasos descubertos, con subministro de auga da traída municipal tratada con solución salina, prevendo o sistema de cobertura automático dos vasos para o seu peche nocturno e fora de tempada. A proposta debe abordar o tratamento da contorna circundante ás piscinas, incluíndo zonas de descanso e sombra, primando as cuestións de accesibilidade, sustentabilidade, as hixiénico-sanitarias e a conexión coa praia. Tamén se deberán propor sistemas de iluminación, control, mobiliario urbano, xestión de residuos, zona de vixilancia, etc…
Ademais, as propostas deberán integrar o tramo da rede do carril bici que discorre paralelo ao paseo marítimo o “carril running” ou sendeiro creado de forma natural no extremo oposto polas persoas que acoden a correr á praia.

Para avaliar as propostas, o xurado terá en conta criterios de calidade arquitectónica e mellor adecuación ao programa de necesidades, a viabilidade económica e desenvolvemento construtivo, a sustentabilidade ambiental, a relación coa contorna, a minimización dos custes de mantemento do equipamento e a sectorización e control hixiénicos, valorándose neste último punto as propostas que recollan solucións espaciais e construtivas para o control e desinfección de persoas, bens e subministros en todos os accesos ao recinto.

Aínda que non será avaliada polo xurado, os anteproxectos deberán incluír unha proposta específica e individualizada para a remodelación e conexión cos aseos públicos existentes actualmente da praia da Concha, que garde a estética co deseño do conxunto das futuras piscinas e da súa contorna, coa idea de que esta actuación se execute e financie de forma separada á do proxecto obxecto do concurso de ideas.

Prazos e financiamento

Unha vez finalizado o prazo de presentación das propostas, o 2 de novembro, o xurado comezará a avaliar cada unha das propostas, seleccionando as mellores, entre as que se elixirá a gañadora. Unha vez fallado o premio, procederase á adxudicación automática ao gañador do contrato para a redacción dos proxectos básico e de execución, cun prazo de 4 meses. Nese mesmo intervalo, o Concello irá elaborando os pregos para sacar a licitación a obra tan pronto como se aprobe o proxecto.

A construción destas piscinas incluíuse na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible EDUSI “Vilagarcía Avanza” que o Concello financia con fondos FEDER da Unión Europea. Este programa está destinado a execución de actuacións de impulso deportivo, de ocio, turístico, económico, de eficacia medioambiental e sostible, que sexan modélicas e estean adaptadas ás esixencias e sensibilidades sociais do noso tempo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -