_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Xardíns combate as malas herbas coa nova máquina deshidratadora a base de auga quente

O servizo municipal de Xardíns do Concello de Vilagarcía dispón desde hoxe dun novo equipo para combater as malas herbas. Trátase dunha máquina deshidratadora que funciona mediante a emisión de auga quentada a temperaturas próximas aos100 grados centígrados e que serve tanto para matar herbas, como para proceder a limpezas intensivas e eficaces fronte ao COVID, ou mesmo para eliminar grafitis e pintadas; todo elo dun xeito ecolóxico e non contaminante. A máquina foi subministrada pola firma Baygar e custou 29.324 euros.
27.08.2020.- Técnicos da marca da deshidratadora e de Baygar procederon esta mañá á entrega da máquina e fixeron a primeira demostración do seu funcionamento no Parque Miguel Hernández ante persoal do departamento de Xardíns,que será quen a utilice, e ante a presenza do concelleiro de Medio Ambiente, Diego García.

O utensilio consta dun depósito de almacenamento de auga con capacidade para 500 litros, dun equipo central –a maquinaria que se encarga do proceso de quentado e impulsión da auga- e das mangueiras e brazo de saída do líquido unha vez quente. Unha vez acendido, o dispositivo tarda tan só uns 30 segundos en quentar a auga a unha temperatura que oscila entre os 90 e 98 grados centígrados. Dada a elevada temperatura á que sae, a auga queima as herbas superficiais, matándoas para a súa posterior retirada. Pero ademais, tamén queima as raíces e as sementes que puideran quedar esparexidas pola terra, co que se logra atrasar o crecemento de novas plantas e, ao utilizarse de forma continuada, incluso se poderían erradicar de forma permanente.

A proba realizouse nun dos paseos do Parque Miguel Hernández pavimentado con lastras ocos entre cuxas xuntas medran herbas. Segundo explicaron os técnicos, o sistema é moi eficaz tamén para eliminar e evitar o crecemento de musgo en pavimentos e beirarrúas de zonas sombrías, que converten o chan en esvaradío, e incluso para a retirada de pintadas e grafitis. Os representantes da marca indicaron ademais que, dada a elevada temperatura á que sae a auga, esta máquina tamén é apta para utilizarse en limpezas e desinfeccións fronte ao COVID.

Con esta compra o departamento que dirixe Diego García pretende optimizar e acadar unha maior eficacia nos traballos diarios de mantemento de parques e xardíns e outras zonas públicas. Ao lograr retardar o crecemento das malas herbas, esta labor poderá espazarse máis no tempo, co que se disporá de máis persoal para realizar outro tipo de traballos tamén necesarios.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -