_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O plan de accesibilidade continúa co ensanche de beirarrúas en Doutor Tourón e un tramo de Alejandro Cerecedo

O Concello de Vilagarcía executará no último trimestre do ano unha nova actuación de mellora da accesibilidade, neste caso, a que afectará ao tramo máis céntrico da Avenida Doutor Tourón e a uns metros da rúa Alejandro Cerecedo. Trátase do ensanche da beirarrúa que discorre entre a ponte do río Con (en Doutor Tourón) e as galerías Gallego (xa en Alejandro Cerecedo). Con esta obra, a beirarrúa desta marxe da calzada ampliarase para dispor dun ancho mínimo de 1,80 metros e adaptarase ao nivel dos pasos de peóns elevados; mellorando considerablemente a accesibilidade e a mobilidade das persoas que frecuentan estas rúas de acceso ao centro urbano e que forman parte da transitada ruta aos centros escolares da Lomba e ás zonas comercial e de ocio da Xunqueira.
19.08.2020.- O proxecto no que o Concello investirá 48.388 euros aprobouse onte na reunión da Xunta de Goberno Local, que tamén acordou adxudicar a obra á empresa Galsur Proyectos y Obras.

Esta actuación xa hai meses que estaba planificada. De feito, o Concello xa a avanzara mediante sinalización horizontal cando se procedeu á instalación dos semáforos definitivos na encrucillada da Avenida Doutor Tourón coas rúas Alejandro Cerecedo e Fariña Ferreño e se crearon os ciclo carrís nesta zona. Dende ese momento, unha liña amarela prohibe estacionar na marxe oeste de Doutor Tourón e no primeiro tramo de Alejandro Cerecedo en previsión do espazo que se utilizará agora para ensanchar a beirarrúa.

Como xa se dixo, a beirarrúa terá un ancho mínimo de 1,80 metros en toda a súa extensión (uns 80 metros de Doutor Tourón e outros 45 de Alejandro Cerecedo). O firme habilitarase con pavimento continuo de formigón acabado con cemento branco fratasado e rallado mediante cepillo metálico.

Ademais da ampliación da zona de tránsito das persoas, o proxecto tamén prevé a mellora das redes de saneamento e de pluviais, así como a adecuación dos sumidoiros de recollida de pluviais á nova configuración da beirarrúa. A actuación completarase coa instalación da sinalización horizontal e vertical correspondente.
O prazo de execución dos traballos é de seis semanas.

Continuidade ás obras anteriores
Esta actuación dá continuidade ás obras de mellora da accesibilidade executadas anteriormente en ámbalas dúas rúas. Por un lado, a de ensanche de beirarrúas na propia ponte sobre o Con ata a glorieta da Mariña Española, onde a estreitura e os desniveis da mesma impedían transitar aos peóns con seguridade; e por outro a da peonalización das travesías de Alejandro Cerecedo, que tamén conlevou a reforma de parte da beirarrúa desta rúa.

Mellora na contorna de Fexdega

Tamén no marco do Plan de Mellora da Accesibilidade, o Concello está executando actualmente a reforma das rúas da contorna de Fexdega, unha obra moi importante que incidirá de forma moi positiva na mellora da accesibilidade e a mobilidade de peóns e vehículos nas rúas Castiñeira, Nogueira e Limoeiro, xa que prevé o ensanche de beirarrúas, a creación delas onde non existan, a renovación das redes de servizos básicos e a instalación de sinalización horizontal e vertical. O Concello inviste neste proxecto 265.833 euros que se financian cunha achega municipal e cos fondos do programa DepoRempese da Deputación Provincial de Pontevedra. Esta obra comezou a mediados de xullo e o prazo de execución é 6 meses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -