_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
As festas de San Roque estarán marcadas pola seguridade e o compromiso coa sociedade, a economía e o talento locais

Todo está listo xa en Vilagarcía para que arranquen as festas patronais máis atípicas en décadas. A causa da actual crise sanitaria, moitas cousas terán que cambiar, especialmente en canto a aforo, pero a esencia será a mesma. Por iso, como anunciaron hoxe o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, San Roque 2020 estará marcado pola seguridade –na que es investirán máis de 30.000 euros- pero tamén polo compromiso coa sociedade, a economía e o talento locais.
06.08.2020. Precisamente polo momento excepcional que estamos a vivir este ano, o goberno local decidiu que nesta ocasión os pregoeiros sexan profesionais do centro de saúde de San Roque e do Hospital do Salnés, a xeito de homenaxe de toda a cidadanía pola súa labor nos tempos máis críticos da pandemia, pero tamén agora, cando hai que seguir alerta ante os rebrotes.

Alberto Varela e Sonia Outón non dubidaron en recoñecer as dificultades para organizar neste tempo de crise unhas festas que, os de San Roque, teñen o recoñecemento de interese turístico nacional, pero incidiron tamén nun triple compromiso para seguir adiante. Un compromiso coa cidadanía, “que neste ano máis que ningún outro merece o premio que supoñen as súas festas tras os duros meses de confinamento”. Un compromiso tamén coa economía local, pois é evidente que as festas contribúen a dinamizar o comercio e a hostalería; igualmente, co sector cultural, un dos máis castigados pola crise; e, por último, co talento local, pois nel recaen moitos dos actos principais de San Roque 2020.

O alcalde insitiu en apelar á responsabilidade individual e colectiva para evitar calquera incidente e máis cando estamos inmersos nunha crise sanitaria.

O programa organizouse por espazos para poder cumprir así con todo o protocolo de seguridade sanitaria. Para acudir á maioría dos espectáculos será necesario reservar previamente a través da web http://www.woutick.es . O aforo máximo da Xunqueira, por exemplo, será de 500 persoas. Naqueles actos nos que o aforo sexa inferior a 120 espectadores xa non será facer reserva previa.

Os espazos principais de San Roque 2020 son estes:

- Praza da II República. Ademais de albergar Festaclown, acollerá o día 14 o espectáculo “Historia da Verbena”, da orquestra La Oca.

- Parque da Xunqueira. Entre o 15 e o 23 de agosto servirá de escenario para as actuacións de: Arosa Bay (día 15), Kiko Veneno (16), A banda da Loba (17), Loli Crespo e Luis Santana (18), Marwan (19), Brisa Fenoy (20), Gaudi Galego (21), Nacho Pérez Quinteto (22), e Títeres Cachirulo (23).

- A Alameda. Suricar 817), Raíñas (18) e Perfect Strangers (19).

- Praza de Galicia: Sanjurjo Dopico (20) e A Dolce Vita (21)

- Parque Valdés Bermejo: Folk no Alobre (día 23) coas actuacións de Abóbriga e Susana Seivane.

Por outra banda, e como xa se anunciou, o Combate Naval substitúese este ano por un espectáculo pirotécnico que se poderá ver dende calquera punto da cidade, con fogos que se tirarán dende os portos de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril. Será na noite do sábado 22.

As festas rematarán oficialmente o día 29 cunha edición máis curta e non menos especial da Noite das Meigas, cun pasacalles do grupo Errante e unha gran queimada popular.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2020  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -