_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
A Mesa das Verbas presenta un novo número da revista “Anaco” cunha sesión poética na Praza de Galicia

A Asociación Cultural Mesa das Verbas estrea a programación cultural do Concello do mes de agosto cun acto a celebrar este sábado, día 1, ás 20.00 horas da Praza de Galicia. Para esta nova sesión, á cento dúas da Mesa das Verbas, o colectivo ten deseñado un coidado protocolo de seguridade fronte ao COVID que se aplicará tanto ás persoas que van a intervir activamente no acto recitando poemas ou actuando, como ao público en xeral. Ademais, o colectivo aproveitará a reunión para presentar o número 3 da revista poética Anaco, editada polo Servizo de Publicacións do Concello de Vilagarcía.
29.07.2020.- Baixo o formato de Mesa das Verbas-Poesía na Rúa, o acto consistirá nunha breve presentación á que seguirá un primeiro pase musical a cargo de Os Terribles de Arousa. A continuación pasarase ao recital poético e verbal, aberto a todas as persoas que desexen participar e o acto rematará cunha segunda actuación musical.

Ademais da conveniencia de realizar o acto nun espazo ao aire libre, a organización adoptará outras medias impostas pola “nova normalidade” como a redución do aforo a 100 persoas sentadas para poder garantir a debida separación de seguridade entre as cadeiras. Para facilitar o acceso á zona acotada sen que xunte á xente, prégase ao público que chegue con antelación suficiente, media hora antes do inicio a ser posible, para poder ir acomodándoos nos seus asentos.

Haberá un único lugar para entrar. Na entrada dous voluntarios verquerán hidroxel nas mans dos asistentes. Despois de recibir o hidroxel, as persoas que o desexen poderán coller un exemplar de “Anaco 3” de balde e por deferencia da organización.

Tamén os participantes estarán debidamente protexidos xa que os micros cubriranse con plástico que se irá substituíndo tras o paso de cada un deles e os músicos estarán no seu palco, debidamente distanciados do público e das persoas que reciten, que o farán nunha pequena tarima debidamente separada e sinalada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -