XUVENTUDE
Vilagarcía aposta polo audiovisual galego con “María Solinha” e “O que Arde” encabezando o ciclo de Cine na Rúa O ciclo de Cine na Rúa que a Concellería de Xuventude organiza cada verán terá este ano un marcado acento galego grazas á presenza no cartel de dúas das películas máis importantes e recoñecidas no cine galego no último ano: Son, “O que Arde”, de Oliver Laxe e “María Solinha”, de Ignacio Vilar. A maiores destas dúas grandes citas cinematográficas, o ciclo inclúe outros oito títulos nacionais e internacionais de cine familiar que se proxectarán en distintos lugares do centro e das parroquias do rural. En total, 10 películas en 10 localizacións diferentes a proxectar entre o 28 de xullo e o 5 de setembro ao aire libre, con cadeiras e mantendo os debidos protocolos de seguridade COVID.
28.07.2020.- O cine galego, rodado en Galicia, en galeo e con actores da terra será o protagonista das xornadas de inauguración e clausura do ciclo de Cine na Rúa que organiza a Concellería de Xuventude. Despois de obter varios Goyas e numerosos premios en prestixiosos festivais de todo o mundo, o drama rural, “O que Arde” proxectarase na praia da Concha o martes, 28 de xullo.
De igual calidade pero coa diferenza de que debido á pandemia non puido estrearse comercialmente nas salas de cine de toda España como estaba previsto, a película de Ignacio Vilar estrearase en Vilagarcía o mércores 5 de agosto para clausurar o ciclo. Dada a temática do film, ambientado nos pobos mariñeiros da zona de Cangas, o lugar elixido para a proxección e Vilaxoán. Neste drama, ademais de dar a coñecer a verdadeira historia de Maria Soliña, unha veciña de Cangas queimada por bruxa no século XVII por non atender aos convencionalismos da época que limitaban ás liberdades da muller, vén a ser un berro contra a violencia machista e o atentado á liberdade que as mulleres do século XXI seguen sufrir.
Entre medias, o cine máis divertido e apto para todos os públicos percorrerá o municipio con películas de animación e títulos familiares. A axenda é a seguinte:
28 de xullo. Praia da Concha. “O que Arde”. (suspendida polo vento). 3 de agosto. Carril. “Corgi. Las mascotas de la reina”. 11 de agosto. O Piñeiriño “Mía y el león blanco”. 17 de agosto. Rubiáns. “Los Japón”. 20 de agosto. Bamio. “Shazam”. 23 de agosto. A Xunqueira. “Angry Birds 2” 27 de agosto. Castroagudín. “Padre no hay más que uno”. 28 agosto. Praia da Concha. “O que Arde”. 30 de agosto. Cornazo. “Spiderman lejos de casa” 2 de setembro. Os Duráns. “Uno más de la familia”. 5 de setembro. Vilaxoán. María Solinha