_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
XUVENTUDE
O venres remata o prazo de inscrición nos Campamentos Urbanos de Verán para rapazada de 5 a 8 anos

O Concello informa de que o venres, 10 de xullo é o último día para que as familias con fillos de 5 a 8 anos poidan reservar praza nos Campamentos Urbanos de Verán que organizan as concellerías de Xuventude e Benestar Social. As actividades, que este ano se desenvolverán baixo un estrito protocolo de protección fronte ao COVID, levaranse a cabo no mes de agosto, repartidas en catro sedes diferentes, con grupos de número reducido de participantes e preferentemente en espazos ao aire libre. Ofértanse 49 prazas para as actividades que son de carácter gratuíto para familias cuxos proxenitores se atopen en situación laboral activa o en ERTE, dada a finalidade conciliadora dos campamentos.
08.07.2020.- Para facilitar o distanciamento e garantir a máxima seguridade, ademais de facer grupos moi reducidos, este ano en lugar de haber unha única sede, establécense catro. Estarán nos colexios de A Lomba, Arealonga, Piñeriño e Filipense. As concelleiras de Xuventude e de Benestar agradeceron ás directivas de todos eles a súa receptividade a colaborar co Concello poñendo a súa disposición as instalación que permitirán desenvolver os campamentos en espazos amplos e contando con grandes zonas ao aire libre. Debido ás dificultades engadidas polo pandemia, este ano a ludoteca non disporá de servizo de comedor. Maila isto, a concelleira de Benestar lembrou que dende Servizos Sociais se están concedendo as correspondentes axudas económicas para comedor ás familias que o precisan.

O Concello de Vilagarcía fixo un enorme esforzo orzamentario e organizativo este ano para poder seguir ofrecendo ás familias opcións para que poidan conciliar durante o verán e coa tranquilidade de saber que as actividades contan con todas as garantías de seguridade para os seus cativos.

Coordinador COVID e grupos reducidos

A máxima prioridade do Concello foi garantir que as actividades se desenvolvan con total seguridade. Para isto, as bases adaptáronse aos protocolos establecidos pola Xunta, sendo en caso aínda máis restritivos, como por exemplo nas ratios de participantes por actividade. Así, os campamentos desenvolveranse con grupos reducidos de nenos e nenas, que oscilarán entre 5, 6 ou 7 participantes como máximo. Os grupos traballarán de forma separada con cadanseu monitor e en espazos ao aire libre. Ademais, créase a figura do coordinador COVID, que é unha persoa encargada de facer seguimento e vixiar polo cumprimento dos protocolos hixiénico sanitarios nos campamentos.

Educando sobre as normas de prevención do COVID

Dende que se veñen organizando, os obxectivos dos campamentos de verán organizados polo Concello de Vilagarcía son facilitar a conciliación das familias e proporcionar unha oferta lúdica e educativa aos cativos que participan neles, baseada no respecto a principios e valores e á promoción de hábitos saudables. Este ano colle maior presenza a faceta educativa no plano dos hábitos saudables, que se centrará en informar e formar aos nenos e nenas nas normas hixiénico sanitarias de protección contra o COVID, de xeito que as coñezan, as asuman e as cumpran tanto nos campamentos como fora deles.

Tanto os formularios de inscrición, como os protocolos de seguridade entregaranse aos proxenitores e estarán pendurados no taboleiro de anuncios da web municipal para calquera tipo de consulta. Tamén se atopan as dos campamentos urbanos para nenos de 8 a 11 e de 12 a 16 anos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -