_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
AVISOS
A circulación de vehículos ao centro urbano dende Doutor Tourón péchase o sábado e o martes para celebrar o mercado

O acordo provisional acadado cos vendedores ambulantes de Alexandre Bóveda para mentres non se decide a reordenación definitiva do mercado obrigará a pechar ao tráfico o acceso de vehículos ao centro urbano dende Doutor Tourón e ata Conde Vallellano este sábado e o vindeiro martes durante toda a mañá, dado que de forma excepcional, eses dous días permitirase aos vendedores continuar ocupando Alexandre Bóveda. A circulación rodada en Alejandro Cerecedo, Arcebispo Lago e Conde Vallellano (estas dúas últimas habilitadas como zonas peonís polas medidas preventivas do COVD) so se permitirá para vehículos de servizos públicos (taxis e autobús), acceso a garaxes e labores de carga e descarga.
03.07.2020.- O acceso a Alejandro Cerecedo cortarse no cruce con Doutor Tourón, á altura dos semáforos. Tamén se pechará a seguin te intersección, a da Praza de España cara Vicente Risco. En ambos puntos colocaranse valas e carteis informando aos condutores da medida. Así, os vehículos que pretendan acceder dende Doutor Tourón ao Cavadelo, por exemplo, deberán desviarse pola Praza da Independendencia e San Roque para continuar por Juan Carlos I cara O Ramal e Rivero de Aguilar. Tamén poden evitar adentrarse no centro, desviándose xa por Pablo Picasso e Valle Inclán ou a través de Rodrigo de Mendoza.

O goberno local é consciente de que a medida repercutirá negativamente no tráfico rodado eses dúas mañás, razón pola cal prega desculpas aos veciños polas molestias que a medida lles poda causar, advertindo que a fluidez do tráfico quedará totalmente garantida unha vez se leve a cabo a reordenación do mercado que se está negociando cos vendedores ambulantes. Como xa se dixo, calquera solución a adoptar pasa por manter aberto ao tráfico de forma permanente e nos dous sentidos da circulación a Rúa Alexandre Bóveda, manter as novas zonas peonís para gañar novos espazos que permitan a distancia preventiva fronte ao COVID e liberar a zona do casco antigo do Castro e as estreitas rúas da súa contorna.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -