_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello reabre esta fin de semana 21 parques infantís de diversas zonas de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán

Os nenos e nenas poderán volver a xogar nas zonas públicas de xogos infantís. O Concello de Vilagarcía inicia esta fin de semana a reapertura progresiva dos parques infantís do municipio, comezando por 21 áreas dos núcleos de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril. A complexidade da loxística que supón a desinfección diaria fai necesaria esta reapertura por fases que se irá completando nas vindeiras semanas co resto das zonas de xogos do municipio. Os criterios seguidos para establecer as fases foi a de comezar polos parques máis frecuentados e que dan servizo a maior número de poboación. En todo, os usuarios deberán cumprir as normas de protección contra o COVID como manter as distancias entre persoas, do que se advertirá con cartelería instalada nos paneis informativos de cada instalación.
26.06.2020.- No núcleo urbano de Vilagarcía poderán utilizarse a partires de mañá as dúas zonas de xogo do Miguel Hernández, as dúas da Xunqueira, a do Xardín da Compostela e a da Praia da Compostela, a do Pinar da Concha, a de Ravella, a dos Duráns, as de Celso Emilio Ferreiro e Matosinhos, a do parque de Santa Ana e as do Piñeiriño, Invisa, San Roque e A Coca.
No núcleo de Carril abrirase o da Alameda e o do paseo marítimo (fronte ao Hotel Carril), mentres que en Vilaxoán, os nenos e nenas poderán xogar nos parques do Preguntoiro, de Dona Concha e da urbanización As Gaivotas.

Como norma xeral, os usuarios deberán respectar un espazo de seguridade interpersoal de 4 metros cadrados ao seu redor. En todo caso, o Concello prega prudencia e que se extremen o resto das medidas de protección establecidas nos protocolos do COVID.

As tarefas de desinfección diaria das zonas de xogo as levará a cabo o persoal do servizo Municipal de Emerxencias mediante un sistema de nebulización dunha dilución de auga con hipoclorito. As tarefas desenvolveranse cada día polas noites ou a primeira hora da mañá.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -