_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Servizos Sociais programa a desescalada dos servizos extraordinarios habilitados durante o confinamento

Á Área de Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía elaborou un plan de desescalada que permitirá ir desactivando de forma gradual os servizos de carácter extraordinario creados para atender as necesidades urxentes xurdidas durante o confinamento, co obxecto dar cabida ás novas necesidades de carácter social que está xerando esta crise a través das canles ordinarias do departamento, que tamén se reorganizara conforme ás nova situación. Este plan faise de acordo coas fases de flexibilización nas que vaiamos entrando posto que, a nivel xeral, reducen as demandas relacionadas coas limitacións do confinamento, e en función da análise da evolución do servizo realizada dende a súa posta en marcha.
16.05.2020.- Unha das primeiras consecuencias da flexibilización do confinamento foi que se reduciron considerablemente o número de chamadas ao teléfono de atención continuada 24 horas habilitado polo Concello, e o resto das que se reciben xa se cursan directamente a través das canles habituais. Por esa razón, o teléfono (687 073 336) reduce o horario de funcionamento que pasa a ser de 8 a 20 horas. Este teléfono estará operativo con este novo horario ata o 24 de maio. Ao igual que ata o de agora, poderá continuarse chamando aos Servizos Sociais do Concello a través do 986 099 200, extensión 139 de 9 a 14 horas. Desactívase xa a extensión 102.

A partir do luns, 18 de maio, irán desactivándose de forma gradual o servizo de proximidade que leva a cabo o voluntariado, posto que a flexibilización das normas e horarios de saída e ao permitirse desprazamentos, moitas destas funcións poden ser asumidas polos propios usuarios ou por familiares ou amigos. Maila isto, a prestación manterase para aquelas persoas vulnerables, que carezan de rede de apoio, vivan soas e precisen axuda ou sufran patoloxías que as convertan en colectivos de especial risco fronte o coronavirus.
En previsión das novas necesidades que se crearán como consecuencia da crise sanitaria, o Concello de Vilagarcía ampliou o servizo de teleasistencia domiciliaria dotándoo de 60 novas prazas.

Tamén de forma gradual irase desactivando a partir da semana que vén as labores de apoio aos escolares, dado que os centros educativos xa volven a contar con persoal presencial e os usuarios poderá desprazarse nos horarios establecidos a recoller e levar as tarefas do alumnado.

Reforzo de persoal e ampliación de servizos
A reincorporación paulatina do plantel municipal, tamén permitirá asumir as novas demandas a través das unidades de traballo habituais que se verán reforzadas tanto con recursos humanos como coa ampliación de servizos. De feito, xa se conta cun auxiliar administrativo máis para ir dando trámite ao maior volume de solicitude de prestacións e axudas que se espera recibir, e está previsto seguir implementando o persoal. No que a servizos se refire, en previsión da desactivación do voluntariado que viña facendo labores de proximidade e acompañamento, xa se habilitaron 60 novas prazas no servizo de teleasistenca domiciliaria que o Concello presta a través dun convenio con Cruz Vermella.

Dada a situación de incertidume sobre a evolución que pode seguir a pandemia, en caso de producirse rebrotes que fagan necesario volver as condicións do estado de alarma inicial, o Concello reactivaría o protocolo de emerxencia nas mesmas condicións que nas que se viña realizando dende o 15 de marzo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -