_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A finalización das obras de Vázquez Leis permite aos vilaxoaneses gozar por fin dunha rúa moderna e humanizada

A obra de humanización da Rúa Vázquez Leis, en Vilaxoán, xa está rematada. O proxecto, que se veu demorado varios meses por causas alleas ao Concello, finalizou por fin, polo que os vilaxoaneses poden gozar xa dunha rúa completamente renovada, cunha imaxe moderna e totalmente humanizada. O Concello de Vilagarcía investiu nesta actuación 204.616 euros que se financiaron cos fondos europeos obtidos a través da estratexia DUSI para o programa “Vilagarcía Avanza.
15.05.2020.- Como é ben sabido, foron moitas as visicitudes que sufriu este proxecto dende a súa adxudicación inicial á empresa Nexia Infraestruturas. Primeiro, ao atopar abrirse un oco baixo o firme que houbo que reparar, despois por terse atopado unha veta de rocha que ralentizou as obras, logo pola lentitude na obtención dos permisos de Fenosa e cambios do tendido eléctrico e máis tarde pola quebra da adxudicataria. Este último percance foi o máis complicado de resolver debido ás derivacións legais existentes, pero tras semanas de estudo, o Concello resolveu o asunto rescindindo o contrato con Nexia por incumprimento, e adxudicando os traballos que quedaban pendentes a Montajes J.M. Iglesias. E, cando todo parecía encauzado, chegou a pandemia do coronavirus e o paro da actividade debido ao estado de alarma.

Pese a esta sucesión percances, a semana pasada a obra de humanización da rúa Vázquez Leis quedou por fin rematada, poñendo fin ás incomodidades que os veciños tiveron que soportar durante máis tempo de inicialmente previsto, e permitindo por fin que dispoñan dunha rúa atractiva, humanizada e accesíbel, con novas zonas de esparexemento que invitan ao goce dos espazos públicos e tamén poden servir de dinamizador socio económico da principal arteria de Vilaxoán.

O peón é o protagonista

A actuación executada foi deseñada polo arquitecto, Juan Antonio Villanueva, seguindo as directrices básicas marcadas dende o Concello.
A remodelación afectou ao tramo da rúa Vázquez Leis comprendido entre o cruce coa Avenida de Vilanova e a Praza Rafael Pazos. Respectando a filosofía das demais humanizacións promovidas polo Concello, a remodelación permite que o peón sexa o protagonista principal deste espazo, pese a que se mantén a circulación de vehículos. Para conseguir este fin, deixouse toda a vía a un mesmo nivel, separando a zona peonil da de tránsito de vehículos mediante a diferenciación de pavimentos. Na zona de rodadura usouse formigón branco cepillado, e as beirarrúas cubríronse con lousas de pedra (granito silvestre), similar ás existente na praza. Por suposto, suprimíronse todas as barreiras arquitectónicas.

A praciña que existía á metade da rúa acondicionouse, creando unha pequena zona verde con céspede e arbustos de baixo porte na que se instalaron bancos de formigón con respaldo de madeira. Deste xeito creouse unha pequena e coqueta zona de esparexemento que repercute positivamente na estética do conxunto.

Como en todas as obras que promove o goberno local, renováronse as redes de saneamento e abastecemento de auga. Neste caso en concreto, prestouse especial atención ás canalizacións da recollida de pluviais dos edificios, que antes desaugaban directamente sobre as beirarrúa coas conseguintes molestias para os peóns. Tras a execución da obra, todas as canaletas conectáronse directamente á rede soterrada, de xeito que as augas pluviais non encharcarán a zona de tránsito dos peóns. Tamén se soterraron as canalizacións eléctricas e de telecomunicacións, e substituíuse o actual alumeado público por outro máis eficiente, de tecnoloxía LED e con interruptor astronómico que axusta o prendido e apagado ás condicións lumínicas do día.

Plan de humanización

O goberno local ten previsto continuar co plan de humanización das rúas da cidade. Despois de Vázquez Leis, en Vilaxoán, Cervantes en Carril, a primeira fase de Os Duráns, Matosinhos, a Praza de Galicia e a da Independencia, as próximas actuacións proxectadas serán as que se van a levar a cabo no barrio do Piñeiriño.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -