_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Aprobada a instrución que flexibiliza temporalmente a ocupación de vía pública para as terrazas da hostalería

O Concello de Vilagarcía vén de dar vía libre á instrución que, debido á excepcionalidade que estamos a vivir polo estado de alarma, modifica temporalmente a ordenanza municipal de terrazas hostaleiras co obxectivo de flexibilizar os criterios de ocupación da vía pública. A medida adoptada polo goberno local ten como obxectivo facilitar ao sector hostaleiro o reinicio da actividade cumprindo de forma escrupulosa coas normas de seguridade e distanciamento esixibles polas autoridades sanitarias para evitar a propagación do coronavirus, á vez que poida dispoñer do maior número de mesas posible para ir recuperándose do duro golpe que supuxo o peche total da actividade durante semanas.
12.05.2020.- Dada a urxencia de contar coa instrución posto que a apertura das terrazas hostaleiras permítese dende onte, as medidas foro aprobadas por Resolución da Alcaldía e entrarán en vigor de forma inmediata, pese a que posteriormente teña que ser ratificada polo Pleno. A instrución substitúe temporalmente ás partes das Ordenanza Municipal reguladora da ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras que regulan os apartados que se veñen de revisar. Estas normas apróbanse por un prazo inicial de catro meses, prorrogables en función da evolución da crise sanitaria.

A autorización municipal para unha maior ocupación do solo público para estas terrazas obriga de cumprir en todo momento os requisitos de:

- Manter en todo caso a distancia física de dous metros entre as mesas ou agrupacións de mesas.
- Manter en todo caso a distancia física de dous metros coas entradas de portais de acceso ás vivendas.
- Manter en todo caso a distancia física de dous metros coas entradas e escaparates dos locais comerciais con actividade. Para ampliar a zona de terraza fronte a escaparates de outros locais comerciais, o hostaleiro deberá contar coa autorización expresa do propietario do local comercial e da persoa que exerza a actividade comercial, se ben en todo caso deberá manterse a distancia de dous metros é entrada do local comercial con actividade.

- Manter a distancia física de dous metro aos pasos de tránsito peonil
Ademais, a instrución recolle a posibilidade de que os establecementos con terraza autorizada que non dispoñan de espazo na beirarrúa para separar debidamente e segundo as normas sanitarias o 50% das súas mesas e cadeiras, poidan ocupar as zonas de aparcamento. Para isto deberán necesariamente que solicitalo ao Concello e contar con informes favorables da Policía Local e Servizos Técnicos municipais que avaliarán cada caso en concreto en función a criterios de seguridade cidadá e da análise das prazas de aparcamento existentes na zona. En todo caso caso, será necesaria a autorizacio´n expresa do Concello, sen que poida entenderse adquirida por silencia administrativo.

Como horario de funcionamento e recollida dos elementos de terrazas durante esta situación de excepcionalidade establécense os que marca a normativa autonómica relativa a apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos.

Por último, no documento aprobado polo Concello faise constar que esta instrución "ten carácter excepcional e temporal e quedará sen efecto en caso de incumprimento das condicións ou requirimento de acceso ou prestación de servizos públicos de primeira necesidade". Ademais, as medidas "quedarán automaticamente sen efecto en caso de que a súa efectividade sexa contraria a posteriores Ordes ou Instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidade ou Goberno de España ou decaia a causa que a xustificou".
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -