_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
A Concellería actualiza os prazos e requisitos da Maratón Fotográfica e dos Premios Igualdade na Escola

O confinamento decretado como consecuencia da pandemia do coronavirus paralizou tamén dous dos certames convocados pola Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía: A Maratón Fotográfica que se realiza en torno ao 8 de Marzo, pendente da reunión do xurado e posterior entrega de premios, e a actual edición dos Premios de Igualdade na Escola, que se ve dificultada pola paralización da actividade escolar. Para facilitar o desenvolvemento de ámbalas dúas actividades, a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía decidiu modificar as bases dos respectivos certames, establecendo novos prazos e flexibilizando certos requisitos de tramitación. Os cambios aprobáronse na Xunta de Goberno do 28 de abril.
02.05.2020.- Maratón Fotográfica 8M

En relación á Maratón Fotográfica desenvolvida o pasado 7 de marzo, como consecuencia da declaración de Estado de Alarma, tívose que suspender a xuntanza do xurado prevista para o pasado luns 16 de marzo , sendo imposible ata a data unha nova xuntanza deste xurado polo que non se puido levar a cabo a entrega de premios programada para o 27 dese mesmo mes. Coa nova situación de volta progresiva á normalidade decidiuse facer as seguintes modificacións nas bases:
1. A organización do traballo do xurado levarase a cabo de xeito telemático.
2.- A comunicación dos premios, será o vindeiro 21 de maio.
3.- Déixase en suspenso a exposición da Maratón ata valorar a posibilidade de realizala.

XIV Premio de Igualdade na Escola

Tendo en conta as consecuencias que tivo o decreto do estado de alarma no contexto educativo coa suspensión das clases presenciais, a Área de Igualdade viuse obrigada a modificar as bases do seu XIV Premio para a igualdade de xénero: boas prácticas na escola.
Para que as modificacións se levasen a cabo da maneira máis xusta para tódolos axentes que estivesen a traballar nesta experiencia didáctica, a Área de Igualdade-CIM púxose en contacto cos centros escolares para calibrar a previsión de participación no citado premio, o estado de desenvolvemento dos traballos a presentar, detectar as dificultades que estaban a ter respecto desta actividade, así como escoitar as suxestións que nos podían propor.
Tendo en conta todas estas voces e coa idea de non suspender esta catorceava convocatoria e facilitar así a presentación dos traballos aos centros e Anpas, tomouse a decisión facer as seguintes modificacións das bases:

1.- Amplíase o prazo de admisión dos traballos do 30 de abril ata o 31 de xullo. Esta medida de ampliación foi solicitada por todos os centros interesados en presentarse ao Premio debido ás dificultades engadidas que esta situación de pandemia e confinamento están a xerar na súa práctica docente.

2.- Elimínase dos requisitos das solicitudes, tanto para centros como para Anpas, a presentación do certificado do Consello Escolar de ter aprobada a actividade, xa que moitos centros non realizaran aínda este trámite e dadas as circunstancias actuais manifestan que é imposible convocar unha xuntanza deste órgano.

3.- Elimínase asemade, o prazo de requirimento de documentación defectuosa ou incompleta da fase de tramitación (posterior á entrega de traballos) debido a que os centros educativos están pechados no mes de agosto. Respecto a este punto, aqueles centros e Anpas que vaian presentar propostas ao XIV Premio pola Igualdade na Escola, deberán asegurarse co persoal técnico da Área de Igualdade, de presentar a documentación completa, que é a que consta nas bases aprobadas inicialmente, a excepción do certificado do Consello Escolar.

4.- A resolución e comunicación dos premios farase ás entidades gañadoras, centros ou Anpas, a primeira semana do novo curso 2020-2021.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -