_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello E Colexio de Arquitectos colaboran na convocatoria dun concurso de ideas sobre as piscinas naturais da Concha

O proxecto para a construción das piscinas naturais na praia da Concha e a reordenación da súa contorna elixirase mediante un concurso de ideas que o Concello de Vilagarcía convocará contado coa colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O convenio no que se establece a colaboración entre ambas entidades para a posta en marcha do procedemento aprobouse na Xunta de Goberno Local do pasado martes. Segundo o acordo, a entidade colexiada encargarase de elaborar as bases do concurso e de difundir a convocatoria entre todos os colexios de arquitectos de España, prestará soporte e asesoramento técnico aos concursantes e formará parte do xurado.
01.05.2020.- A proposta gañadora recibirá un premio económico de 7.000 euros e a adxudicación do contrato de redacción do proxecto de execución. O segundo clasificado recibirá 3.500 euros e haberá dous accésits de 2.000 euros cada un.

Unha vez asinado o convenio a través da delegación en Pontevedra do COAG, o colexio estará en disposición de comezar a elaborar as bases do concurso que, independentemente dos requisitos e supostos técnicos que eles determinen, deberá axustarse aos criterios básicos marcados dende a Concellería de Urbanismo, Mobilidade e fondos FEDER que dirixe Paola María Mochales.

Dentro da liña EDUSI

Neste punto cómpre lembrar que a construción das piscinas na contorna do piñeiral da Concha é unha das actuacións enmarcadas na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible EDUSI “Vilagarcía Avanza” que o Concello financia con fondos FEDER da Unión Europea dirixidos a avanzar no modelo de crecemento intelixente, sostible e integrador. Este programa está destinado a execución de actuacións de impulso deportivo, de ocio, turístico, económico, de eficacia medioambiental e sostible, que sexan modélicas e estean adaptadas ás esixencias e sensibilidades sociais do noso tempo.

Tendo este en conta, con este concurso de ideas preténdese lograr unha fonda reflexión sobre a mellor proposta segundo o programa de necesidades planteado, así como a relación entre este equipamento co entorno urbano e natural circundante, premiando as propostas que se consideren modélicas en innovación e eficiencia.

A idea de difundir a convocatoria entre todos os colexios de arquitectos é dar acceso ao maior número posible de participantes, sobre todo aos que teñan certa especialización no equipamento a proxectar e estean máis corrente das últimas innovacións existentes. Por iso, será unha convocatoria aberta dirixida a arquitectos e outros profesionais competentes segundo o recollido na Lei 38/1999 de ordenación da edificación.

Sostible, accesible, segura e funcional

Entre outros puntos que se concretarán definitivamente nas bases, e a maiores dos aspectos máis puramente técnicos, valorarase a mellor proposta lúdica que conxugue zonas de sombra, iluminación, protección para persoas, control e descanso. Tamén se avaliará a mellor integración e accesos dos deseños co paseo marítimo, o carril bici e a praia circundante. Deberán resolverse axeitadamente as condicións de accesibilidade e os criterios hixiénico sanitarios, segundo as respectivas leis, e tamén se terán en conta os axustes orzamentarios segundo os máximos indicados nas bases. Ademais, valorarase a realización dunha proposta específica e individualizada para a remodelación dos aseos públicos existentes actualmente da praia da Concha, que garde a estética co deseño do conxunto das futuras piscinas e da súa contorna, coa idea que esta actuación se execute e financie de forma separada á do proxecto obxecto do concurso de ideas.

Elemento para a reconstrución económica

Unha das propostas máis innovadoras incluídas no área de Urbanismo do programa electoral dos socialistas vilagarciáns para dinamizar a praia urbana da Concha-Compostela era a construción dunhas piscinas de auga natural nas inmediacións do piñeiral da Concha. O obxectivo inicial de converter as piscinas nun recurso de forte atracción turística, adquire aínda maior relevancia no actual contexto, coa crise que afronta o sector como consecuencia da pandemia do COVID19. Por iso a execución deste innovador proxecto faise máis necesario si cabe como atraínte de visitantes que contribúan á recuperación das actividades que engloba o turismo; hostalería, restauración, comercio …
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -