_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura invita ás agrupacións de baile de Vilagarcía a participar o mércores no evento #EuDanzoNacasa

A situación de confinamento na que nos atopamos non impedirá que Vilagarcía se sume ás celebración do Día Internacional da Danza que se conmemora cada 29 de abril. Para render homenaxe á expresión artística e cultural que é a danza, a Concellería de Cultura puxo en marcha a iniciativa #EuDanzoNaCasa, unha especie de festival “on line” a través das redes sociais do Concello nas que o mércores se publicarán vídeos das escolas e agrupacións de danza clásica e baile tradicional e moderno de Vilagarcía.
27.04.2020.- A concellería convidou a participar nesta iniciativa aos 13 centros de danza e agrupacións folclóricas tradicionais existentes no municipio para que, na medida do posible, envíen unha montaxe dos seus alumnos e membros practicando a danza ou bailando, preferentemente nas súas casas, para demostrar que incluso en tempos de confinamento, podemos seguir gozando do baile tanto de forma activa, como o farán eles, coma como de espectadores, unha vez que todos poidamos visualizar os vídeos que se irán subindo ao facebook e ao instagram do Concello de Vilagarcía durante a xornada do mércores 29 de abril. Iniciativas similares puxeron en marcha nas últimas semanas grandes corpos de baile como o da Ópera de París ou a Compañía Nacional e o Ballet Nacional de España.

Malveiras, de Carril; O Souto, de Rubiáns; Xeada e Lumarada, de Cornazo; Embruxo, de Guillán, Nós, de Sobradelo; e Nosa Señora da Xunqueira son as agrupacións de baile tradicional invitadas a participar no #EuDanzoNaCasa, xunto cos centros e coas academias de danza clásica e moderna Begoña Fontán, Perla de Arousa, Gema Pizarro, Lendaria, Coda e Nidya.

Conmemorándose dende hai 38 anos

O Día Internacional da Danza celébrase dende o ano 1982 por acordo do Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional do Teatro (ITI), da UNESCO. A data elixida, o 29 de abril, elixiuse por ser o día do nacemento de Jean-Georges Novere (en 1727). Este bailarín e mestre é considerado o creador do ballet moderno.

Cada ano, o ITE encarga a unha personalidade do mundo da danza a redacción dunha mensaxe conmemorativa. Nesta ocasión, a misión recae en Gregory Vuyani Maqoma, bailarían, coreógrafo, docente e actor sudafricano que, como non podía ser doutro xeito, enmarcou o seu discurso na situación da pandemia do coronavirus que asola a todo o mundo, asegurando que “Máis que nunca necesitamos bailar para recordar ao mundo que a solidariedade aínda existe (…) A danza é liberdade e a través dela debemos liberar aos demais das trampas que enfrontan en diferentes rincóns do mundo”

Gran acollida do certame virtal de maios

Esta é a segunda iniciativa que a Concellería que dirixe Sonia Outón readapta á situación de confinamento para poder seguir mantendo a actividade cultural e as tradicións propias destas datas. A primeira proposta foi o certame virtual da Festa dos Maios, na que os vilagarciáns poden participar dende as súas casas presentando por correo electrónico debuxos, collages ou composicións florais ou realizadas con materiais de refugallo que teñan na casa, no caso dos menores de 14 anos, ou gravacións das cancións ou so as letras das coplas satíricas que tradicionalmente acompañan aos maios, no caso dos maiores de 14 anos. Todos os participantes serán agasallados cunha rosca que se lles servirá a domicilio. Os traballos deben remitirse ao enderezo info.cultura@vilagarcia.gal

A acollida desta primeira iniciativa está a ser excelente, posto que esta mañá xa se contaba con 71 participantes e o prazo de presentación aínda remata o xoves 30 de abril. A maior parte dos traballos presentados correspóndense á categoría de menores de 14 anos e son principalmente composicións florais e artísticas e debuxos. Tamén hai algunha copla no apartado de maiores de 14 anos, pero de momento son as menos.
Dende a Concellería pregan aos participantes que non se esquezan de indicar nos correos o nome completo do participante, idade e enderezo da residencia, imprescindible para poder enviarlles a rosca.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -