_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
Ataquilla procede á devolución das entradas dos espectáculos suspendidos en Vilagarcía

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía informa de que xa están en marcha os procedementos de devolución das entradas dos espectáculos suspendidos debido á declaración do estado de alarma pola pandemia do COVID 19. A plataforma Ataquilla xa comezou a reingresar os importes correspondentes, procedemento que se fai de forma automática, sen necesidade de que os afectados fagan ningún trámite, e a través dos mesmos medios polos que se fixo a compra. En total son cinco os espectáculos suspendidos polo de agora en Vilagarcía no mes de abril e primeira semana de maio.
27.03.2020.- As actividades promovidas polo Concello que se cancelaron no mes de abril son as dúas obras de teatro do ciclo da Agadic “Medida por Medida” e Tabú” e o concerto do ciclo “Achágate ao Salón” de Baiuca. A eles súmanse as promocións monólogo de Jorge Javier Vázquez, “Desmontando a Séneca”, e o espectáculo infantil do CantaJuego.

A devolución do importe das entradas destes espectáculo xa comezou e completarase nos vindeiros días. Previamente Ataquilla xa procedera ao ingreso dos billetes dos espectáculos cancelados no mes de marzo: o concerto de Nacho Vegas dentro do programa “Achégate ao Salón!” e a obra de teatro de Chévere, “Curva España”.

A Concellería de Cultura informa de que, unha vez que se supere a pandemia mundial e a situación creada retorne á normalidade, tratarase de encaixar na nova axenda cultural do Concello todos os espectáculos suspendidos, na medida das datas dispoñibles e dos compromisos das compañías e artistas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2020  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -