_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SERVIZOS SOCIAIS
O voluntariado coordinado polo Concello empeza a prestar os servizos de acompañamento telefónico e reparto a domicilio

O Concello de Vilagarcía pon en marcha hoxe dous novos servizos de carácter social para facilitar a vida ás persoas dependentes ou inmunodeprimidas mentres dure o confinamento decretado como consecuencia da pandemia do coronavirus. Trátase do servizo de reparto a domicilio de alimentos e medicamentos e do de acompañamento telefónico. Ámbolos dous serán prestados por voluntarios coordinados polos Servizos Sociais municipais e conforme ao protocolo de atención psicosocial urxente derivado do estado de alarma.
26.03.2020.- Etes dous servizos realizaranse en función ás necesidades detectadas polos Servizos Sociais a través das chamadas recibidas al teléfono de asistencia 24 horas habilitado polo Concello para atender a persoas maiores, dependentes, inmunodeprimidas e en risco psicosocial. O número é o 687 073 336.

O persoal dos Servizos Sociais é o que toma nota das demandas e dos datos persoais do solicitante (nome, dirección e número de teléfono). Os pedidos de alimentos e produtos de primeira necesidade tramítanse directamente dende o departamento municipal cos diferentes supermercados. Logo son os voluntarios os que recollen o paquete no establecemento e o levan a casa da persoa que o requiriu. Ata o de agora, este tipo de demandas estábanse a realizar directamente a través dos supermercados, pero debido ao prolongamento do estado de alarma, para aliviar a carga de traballo dos servizos de reparto dos establecementos e para garantir máis axilidade ás entregas, o Concello pon en marcha este servizo co voluntariado.

No caso da compra de medicamentos, o voluntario pasa primeiro polo domicilio da persoa solicitante –á que previamente se lle avisa dende os Servizos Sociais- para recoller a tarxeta sanitaria coa que fai a adquisición na farmacia. Por último, entrega as medicinas e devolve a tarxeta ao usuario no seu domicilio.

Acreditados e dotados dos medios de protección

Os voluntarios que realizan este servizo pertencen ás asociacións Arousa Moza e O Soño de Lilith para os que o Concello subscribiu unha póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes Todos eles van perfectamente acreditados cunha tarxeta emitida polo Concello de Vilagarcía para que poidan ser identificados polos usuarios, así como para facilitarlles os desprazamentos pola rúa. Ademais, todos eles seguirán as indicacións se seguridade respecto ao coronavirus (como manter a debida distancias nas entregas) e o Concello proporcionoulles a todos máscaras e luvas para realizar as labores debidamente protexidos.

Ademais de atender as necesidades básicas da poboación máis vulnerable, o Concello tamén presta atención ás necesidades psicolóxicas destes colectivos. Para iso é o servizo de acompañamento telefónico que prestarán a partir de hoxe voluntarios de diferentes asociacións de mulleres rurais do municipio e tamén algúns particulares habilitados polo Concello. Como no caso anterior, son os Servizos Sociais os que lles pasan os casos dos que se ten constancia a través do teléfono 24 horas (persoas maiores que viven soas, dependentes ou persoas que presentan cadros de inmunodepresión) e os voluntarios encárganse de chamalas unha ou varias veces ao día para facer seguimento da súa situación, saber no estado no que se atopan, e conversar durante un rato con eles para que se sintan máis acompañados, de desafoguen e para darlles ánimo.

Dende o Concello de Vilagarcía agradécense os numerosos ofrecementos realizados para actuar como voluntariado, tanto por parte de colectivos como de particulares. Polo momento os servizos están cubertos. De ser necesarios máis voluntarios o Concello contactaría coas persoas xa anotadas e que aínda non están actuando.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -