_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello realizou 223 atencións sociais a través do servizo telefónico 24 horas nos primeiros 10 días de funcionamento

O servizo de teléfono 24 horas posto en marcha polo Concello de Vilagarcía para atender as necesidades básicas dependentes, inmunopremidas ou en risco psicosocial recibiu un total de 223 chamadas durante os 10 primeiros días de funcionamento. Este foi un dos datos dos que o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela dou conta hoxe na rolda de prensa da que informou do seguimento da crise do COVID 19. Nesa comparecencia o rexedor lembrou as medidas de carácter económico e social adoptadas polo goberno local para axudar a deter a propagación do virus e para tratar de reducir o impacto que o confinamento terá na economía local. Todo isto “coa idea principal de que o Concello de Vilagarcía non vai deixar atrás a ninguén nesta crise sanitaria”.
25.03.2020.- relación ao teléfono de atención continua (687 073 336), o rexedor explicou que as chamadas recibidas son de demanda de alimentos, adquisición de produtos farmacéuticos e petición de información. Máis do 80% resolvéronse de forma inmediata, repartíndose o resto entre os que se pecharán nas vindeiras horas cando os supermercados fagan entrega dos pedidos, e os que se derivan a outras administración ou servizos competentes.

Outra das medidas sociais adoptadas polo Concello están a creación do albergue para persoas sen fogar, que contan en Fexdega coa atención de persoal sanitario e social. Na actualidade fan uso das instalacións, 23 persoas.

Estudo de bonificacións fiscais e pago a provedores

No apartado de medidas económicas, Varela Paz explicou que o goberno local traballa de forma “proactiva” para adiantarse aos efectos que o confinamento e a paralización de gran parte da actividade produtiva vai a ater na economía local. “Sabemos que en paralelo a esta crise sanitaria haberá unha crise económica dura, e o Concello vai a aportar o seu grao de area para tratar de aliviar as dificultades económicas dos nosos veciños”. Neste punto o rexedor lembrou o acordo xa adoptado de suspender o cobro das taxas e impostos municipais ata que se determine que tipo de exencións e bonificacións se poderán aplicar ás persoas que queden sen traballo, ao comercio, á hostalaría e ás empresas ás que esta crise lles pase factura.

Un dos últimos acordos adoptados pola Comisión de Seguimento da crise do COVID no Concello foi a ampliación dos servizos mínimos nos departamentos de Intervención e Tesourería para continuar tramitando e garantindo a fluidez dos pagos a provedores municipais. Trátase de contribuír a aportar liquidez a estas empresas nestes momentos de parálise.

Nesta mesma liña, incidiu en que o Concello de Vilagarcía tampouco vai cobrar os servizos que non se prestan neste período, como é o caso da escola infantil municipal, a Escola de Música, o Conservatorio ou as taxas das terrazas da hostalería.
Pola contra, o Concello continuará abonando ás súas empresas concesionarias o canon municipal que lles corresponde, co el fin de evitar que teñan que recorrer a expedientes de regulación de emprego e podan continuar abonando os salarios aos seu traballadores. “O Concello pode facer este esforzo grazas ao bo estado actual das nosas contas”, apuntou o rexedor.

Primeiro reparto de mascarillas, á espera de máis

No repaso da situación, o alcalde comentou que onte se levou a cabo o reparto do material sanitario enviado pola Xunta de Galicia, un lote de mascarillas que se distribuíron entre a Residencia de Anciás Divina Pastora, o persoal do Servizo de Axuda no Fogar e o Comedor Social de Cáritas. Aínda agradecendo a chegada deste material,Varela recoñeceu que son cantidades insignificantes as que están a recibir os concellos, que non cobren as necesidades existentes para garantir a seguridade do persoal que está exposto a maiores riscos, non para as persoas ás que atenden. No caso de Vilagarcía, o alcalde comentou que o Concello tamén repartiu algún material do que dispoñía con anterioridade e, xa en calidade de presidente da Fegamp, insistiu na urxente necesidade de que a Xunta palíe de xeito eficaz estas carencias en todos os municipio de Galicia para poder frear a pandemia.

Cambiando de terzo, o alcalde de Vilagarcía quixo trasladar publicamente o agradecemento do goberno local á todos os vilagarciáns que se están esforzando e sacrificando cumprindo o confinamento “porque isto é cousa de todos, e so o podemos parar entre todos. Todos xuntos. Entendo que a medida que pasan os días, váisenos facendo máis custa arriba, pero non podemos baixar a garda”, apuntou o rexedor antes de apuntar que a día de hoxe as denuncias por incumprir as normas do confinamento chegaban a 35, para rematar de forma máis positiva dando ánimo á poboación e lembrando que “cada vez falta menos”.

Solidariedade veciñal e lealdade da oposición

Varela Paz tamén agradeceu a solidariedade demostrada polos vilagarciás a través de doazóns de alimentos e material por parte de establecementos e empresas, e tamén polos numerosos ofrecementos de particulares para labores de voluntariado ou mesmo para prestar vehículos cos que facer repartos.

“Agradecemos de corazón esa actitude, sen esquecer que solidarios podemos ser todos quedando na casa, saíndo ao balcón a aplaudir, animando aos veciños…”.
O alcalde de Vilagarcía non quixo deixar a ocasión para recoñecer “a lealdade e a solidariedade que están demostrando todos os grupos da oposición, sen excepción” . E por último, volveu a manifestar o agradecemento en nome do goberno e de todos os vilagarciáns ao persoal municipal que tivo que redobrar esforzos e que están ao pé do canón “facendo gala do que realmente é o servizo á cidadanía ao que nos debemos os traballadores públicos”, con especial mención aos departamentos da Policía Local, Servizos Sociais e Emerxencias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2020  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -