_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
O Concello readxudica a mellora integral da mobilidade da contorna de Fexdega tras a crise de Nexia

O Concello de Vilagarcía salvou a situación de bloqueo na que se atopaba a obra de mellora integral da mobilidade na contorna de Fexdega que fora adxudicada a Nexia Infraestruturas antes de que a construtora se declarase en quebra. O problema resolveuse na Xunta de Goberno Local celebrada o luns, na que se acordou readxudicar o proxecto a Fevisa Vías e Obras por importe de 265.833 euros. Previamente xa se procedera á rescisión do contrato con Nexia, asinado no mes de en xullo sen que ni tan sequera comezase a obra.
12.03.2020.- O proxecto de Mellora Integral da Mobilidade e a Seguridade Viaria das rúas da contorna de Fexdega permitirá mellorar as condicións de comodidade e seguridade das rúas que bordean o recinto feiral, tanto para o paso dos peóns como para a circulación viaria. As obras afectarán ás rúas que unen a avenida de Rodrigo de Mendoza á altura do enlace coas Bocas, ata a avenida de Agustín Romero, practicamente fronte á sede de Protección Civil. Os traballos previstos incidirán de xeito moi positivo no tráfico rodado e tamén na seguridade dos peóns nas rúas Limoeiro, Nogueira e Filgueira, ao tratarse de vías moi frecuentadas por bordear un centro de gran atracción de público como é Fexdega, lugar onde se celebran feiras, concertos, eventos de todo tipo e tamén a actividade deportiva diaria de clubs e da propia Fundación Municipal.

O proxecto consiste en consolidar un ancho fixo de 5 metros para o vial, deixando o resto para beirarrúas, que nun caso se crearán, noutros se ampliarán e noutros se mellorarán. Igualmente, se renovarán todos os servizos, o que implica actuar sobre as canalizacións de electricidade, auga potable, augas residuais, etcétera.

Tamén se mellorará a sinalización horizontal e vertical, o que inclúe pasos de peóns. Para facilitar o acceso á avenida de Agustín Romero prevese a demolición dun pequeno galpón ao final da rúa Limoeiro, facilitando con iso a visibilidade, nunha saída que, aínda que está regulada por semáforo, prodúcese nunha curva e a escasos metros doutro cruce.

Os traballos, que teñen un prazo de execución de 6 meses, fináncianse a través do programa DepoRempese da Deputación cunha achega do Concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2020  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2020. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -