_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Teatro do Noroeste transformará o Auditorio nun aloucado xeriátrico coa comedia “As Virxes Salvaxes”

A compañía Teatro do Noroeste abre este sábado, 15 de febreiro, a nova tempada de teatro galego no Auditorio e farao con “As Virxes Salvaxes”, unha comedia que aborda a necesidade da sociedade actual de recluír aos maiores en centros especializadas onde ss estean atendidos e acompañados. O espectáculo comeza ás 21.00 horas e as entradas xa se poden adquirir anticipadamente (máis custes de xestión) a través de ataquilla.com ou no teléfono 902504500 ou o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas.
11.02.2020.- “As Virxes Salvaxes” forma parte do ciclo de teatro financiado a través do Concello de Vilagarcía e a Agadic no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Escrita e dirixida por Eduardo Alonso, “As Virxes Salvaxes” é unha “aloucada comedia xeriátrica” protagonizada por Ana Santos, Elina Luaces, Luma Gómez, Manuela Varela, Rosa Álvarez, Fernando González, Miguel Pernas e Inma António.

Sinopse:

A obra debuxa unha realidade da sociedade actual que non sempre foi necesaria: a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden.
Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas ata o final. Máis chegaron as presas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso.
Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución.
Dalgún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.
Bonificacións:
A Concellería de Cultura ofrece prezos bonificados nas entradas a colectivos de desempregados, maiores de 65 anos e mocidade, que poderán adquirir a localidade a 3 euros acreditando a súa condición de beneficiario presentando a tarxeta de desemprego, DNI e carné xóven, respectivamente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -