_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello exclúe do concurso de limpeza de edificios á única licitadora por non incluír todas as instalacións na súa oferta

A única empresa que se presentou ao concurso polo contrato do servizo de limpeza de edificios municipais acaba de ser excluída do proceso de licitación por non cumprir coa totalidade das condicións recollidas no prego. O incumprimento débese a que a empresa deixou fora da súa oferta algunhas das dependencias explicitadas nas cláusulas redactadas polo Concello. Ao ser esta a única empresa ofertante, o proceso de licitación remata neste punto, polo que Concello terá que volver a sacar a concurso o contrato unha vez revisados os pregos para tratar de atraer a maior número de ofertantes.
10.02.2020.- O contrato de limpeza de edificios municipais licitouse por algo máis de 4,3 millón de euros e un prazo de 4 anos, o que significa un custe de pouco máis de 1 millón de euros anuais. O contrato refírese tanto aos edificios de titularidade municipal (Concello, Auditorio, Casa de Cultura, axencias de lectura das casa de cultura, SPAD, Praza de Abastos…), como a aqueles outros que, sen ser propiedade do Concello, é a administración local a que asume a súa limpeza (como os colexios e escolas infantís).

A única oferta presentada foi a da firma que se acaba de excluír do proceso. Tras comprobar que a firma cumpría os requisitos legais para ser admitida como licitadora, a Mesa de Contratación pasou a avaliar a oferta económica, detectando que non se recollían na mesma todos os edificios explicitados nas cláusulas do contrato. Seguindo o procedemento, o Concello requiríu á empresa unha aclaración sobre o desglose do prezo mensual por cada instalación recollida no anexo IV do prego de cláusulas administrativas. A resposta foi a “imposibilidad de incluír los centros que no fueron reflejados en el desglose presentado, manteniendo la oferta económica realizada”. Ante esta situación, a Mesa de Contratación declarou inadmitida a oferta e acordou excluír á empresa do proceso de licitación.

Unha vez comunicada a decisión á firma, os servizos técnicos poranse a traballar co obxecto de volver a sacar a licitación o servizo coa maior brevidade posible, e tratando de garantir a máxima participación de empresas do sector.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -