_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura invita aos escolares de Vilagarcía á coñecer a infancia de Rosalía de Castro a través do teatro

A Concellería de Cultura invita ao teatro a 750 alumnos de Primaria de Vilagarcía no marco dos actos programados para celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Os escolares terán a oportunidade de achegarse á figura da poetisa galega a través de "Rosalía", unha obra que presenta á autora de "Cantares Gallegos" durante a súa infancia. A representación terá lugar o día 18 de febreiro ás 12 do mediodía no Auditorio. A asistencia é de balde para os escolares dado que a Concellería de Cultura asume o custe das entradas.
10.02.2020.- A infancia de Rosalía de Castro é a protagonista desta nova produción de Culturactiva, unha montaxe destinada ao público infantil e familiar e que recrea a vida da escritora nun dos seus momentos de cambio fundamentais para a súa vida, o traslado desde Padrón a Santiago de Compostela. A escritora galega ten sido protagonista de obras no teatro, pero esta é a primeira oportunidade na que o público pode atoparse coa nena que foi. "Rosalía" afonda na infancia dunha rapaza fantasiosa e rebelde que imaxina o mundo e pon a xogar ás palabras. Fina Calleja dirixe un texto de Nate Borrajo, interpretado por Cris Collazo e Rocío González.

A obra ten como vocación rescatar para o público máis novo a infancia da escritora, explicando o seu carácter como unha nena creativa, inconformista, lectora, activa e rebelde ás cousas que considera que non son xustas. Valores que forman parte da obra de Rosalía de Castro e aos que a rapazada só pode chegar desde a súa explicación adulta. A poesía, a música e a creatividade da nena que será unha das grandes escritoras universais son os argumentos da peza para que os espectadores e as espectadoras novas se acheguen á biografía e Rosalía sen deixar o carácter infantil: xogos de palabras, música popular e o cambio de vida que a protagonista terá que facer como paso dunha etapa a outra da súa vida. Un cambio que na obra ten como reflexo unha grande parte de diversión e outra de transmitir as sensacións da protagonista coas que os rapaces de entre nove e doce anos poden sentirse identificados.

Unha equipa feminina

Culturactiva puxo en marcha unha equipa completamente feminina, coñecedora da obra de Rosalía de Castro e experta nas montaxes de teatro infantil. O texto da escritora e actriz Nate Borrajo nace do coñecemento de Rosalía de Castro como autora e da maneira en que unha actriz pode sacar adiante ese papel entre a fantasía e a realidade. A directora da obra, Fina Calleja, ten dirixido para Sarabela algunhas das producións fundamentais da compañía ourensá para público novo. O elenco está formado por Cris Collazo, que asumirá o papel de Rosalía nena e de Rocío González, que asumirá dous papeis, un como amiga de xogos da protagonista e outro como a súa principal coidadora. As dúas actrices teñen unha longa traxectoria na escena galega e tamén no seu audiovisual.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -