_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno exporá o proxecto dos presupostos á oposición nunha xunta de voceiros a celebrar o martes

Tal como estaba previsto, o goberno local socialista vén de convocar unha reunión da xunta de voceiros para o vindeiro martes co obxectivo de explicarlle aos grupos da oposición o proxecto do Presuposto Municipal para 2020 antes de elevalo ao Pleno. En liñas xerais, o orzamento supera os 29 millóns de euros, como en anos anteriores, segue a incrementar o gasto social, inclúe varias propostas do programa electoral socialista, apoiado maioritariamente polos vilagarciáns, e tamén algunha das realizadas pola oposición.
24.01.2020.- Na xuntanza o martes, o executivo socialista concretará cos grupos as principais liñas do presupostos e entregaralle a documentación dispoñible. Cómpre salientar que, aínda que o traballo do goberno rematou, o documento aínda está pendente dos informes técnicos e das súas consideracións.

O presuposto atende a tres obxectivos básicos: garantir a prestación dos servizos municipais coa mellor calidade posible, priorizar a acción social e, loxicamente, cumprir os compromisos adquiridos coa cidadanía de Vilagarcía a través do programa electoral socialista, apoiado maioritariamente pola veciñanza como respaldo á xestión realizada no anterior mandato. Por iso, no presuposto inclúense proxectos do programa socialista –que se irán complementando nos vindeiros anos-, ademais de incorporar algunha das propostas da oposición, como por exemplo, unha partida para habilitar o Punto de Encontro Familiar, compromiso adquirido en acordo plenario co respaldo unánime dos grupos da Corporación.

En canto ás últimas manifestacións dalgúns grupos, a voceira socialista, Tania García, lamenta a demagoxia da que segue a facer uso o PP con “propostas de ciencia ficción para as que non chegarían catro presupostos enteiros deste Concello. O menos que se espera dun partido que no seu día tivo responsabilidade de goberno son propostas construtivas e realistas”.
En canto ás criticas de Marea da Vila sobre que non recibiu resposta as súas propostas, advertir que “dificilmente podería telas dado que as presentou por escrito o pasado luns”. Na primeira xunta de voceiros, celebrada hai meses pediuse á oposición que presentasen propostas concretas e valoradas por escrito, “e Marea espera ao 20 de xaneiro para facelo. E maila iso, aínda teñen a ousadía de criticar ao goberno pola lentitude na aprobación dos presupostos”.

Á voceira socialista chámalle a atención o “errado entendemento do sistema político do país” que ten a concelleira de Marea ao propoñer as “liñas estratéxicas que deberían sustentar as políticas municipais”. “Como case todo o mundo sabe, quen marca as políticas, tanto municipais, como autonómicas ou estatais, son os gobernos elixidos democraticamente nas urnas e nos que os cidadáns delegan esta súa potestade. E en Vilagarcía goberna o PSdeG por decisión maioritaria da veciñanza”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -