_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía elabora un plan estratéxico de turismo para mellorar o seu posicionamento como destino de calidade

O Concello de Vilagarcía quere rendabilizar ao máximo e do mellor xeito posible o enorme e variado potencial turístico do que dispón. No marco das actuacións que está a poñer en marcha o concelleiro de Turismo, Álvaro Carou, para a creación de nosos produtos turísticos na cidade, o Concello contratou a semana pasada a elaboración dun Plan Estratéxico de Turismo que determine, ordene e poña en común todas as actuacións e medidas a levar a cabo, orientándoas a posicionar a Vilagarcía como destino turístico de calidade, tanto no mercado nacional como internacional, mediante a conexión do activos turísticos co mercado especializado. A redacción deste plan encargouse a Avivae, unha consultora con experiencia neste sector.
20.01.2020.- O Plan Estratéxico será unha ferramenta importante para desenvolver o proxecto que vén de poñer en marcha o concelleiro de Turismo, Álvaro Carou que, de forma paralela, traballa na posta en valor de recursos e produtos turísticos xa existentes (como Cortegada, a Vía Verde ou Museo do Ferrocarril), e na creación doutros novos aproveitando o potencial que ten o municipio (novas rutas de sendeirismo polos petróglifos, a senda costeira de Carril a Catoira, ou a posta en marcha do albergue de peregrinos e novos servizos relacionados cos Camiños de Santiago e a Ruta Marítimo Fluvial Xacobea do mar de Arousa e Ulla). Nesta liña de traballo enmárcanse tamén as iniciativas que se porán en marcha en colaboración co Concello de Santiago de Compostela para levar a cabo accións comúns de promoción e posta en marcha de produtos turísticos relacionados coa marca "Mar de Compostela", que Vilagarcía abandeira dende hai décadas recollendo o vínculo histórico entre Vilagarcía e Santiago.

O Plan Estratéxico traballará en aspectos como a gobernanza, sustentabilidade, calidade e innovación de maneira integrada. Para acadar a máxima eficacia, traballarase tanto coa iniciativa pública como coa privada, implicando aos sectores turístico e comercial da cidade e tamén aos axentes relacionados de forma directa ou indirecta cos mesmos. O obxectivo é establecer canles participativas para levar a cabo un plan no que prime a cooperación e o traballo conxunto.

O programa de traballo de Avivae pasa por varias fases, comezando pola realización diagnóstico para coñecer o estado actual de Vilagarcía en materia de turismo, así como as potencialidades existentes. Analizaranse a oferta e a demanda, os recursos, produtos e servizos; os mercados actuais e potenciais e tamén a imaxe do destino dende o punto de vista de residentes e visitantes.

Xa coas liñas estratéxicas definidas en base ás conclusións do diagnóstico, comezará a segunda fase do proxecto, tendente a impulsar o posicionamento de Vilagarcía de Arousa no mercado turístico mediante un ambicioso Plan de Actuación que incluirá accións encamiñadas en catro direccións: Poñer en valor diferentes recursos turísticos e complementalos entre si para lograr unha oferta atractiva e variada; crear diferentes produtos turísticos involucrando ao empresario e dotalos de certo valor engadido para crear unha oferta orixinal e competitiva; establecer conexións entre os produtos existentes e os novos e establecer liñas de comercialización de alta eficiencia.

Finalmente, crearanse ferramentas de seguimento para medir e lograr o maior éxito na execución dos obxectivos, incluíndo nunha batería de indicadores para medir o impacto do proxecto nos turistas, nos residentes e empresas turísticas e sectores do municipio a efectos de establecer un índice de progreso social.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -