_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Atletismo, vela, triatlón, kenpo e baloncesto aportan os seus candidatos ao mellor deportista do ano

O xurado da XXIX Festa do Deporte Local de Vilagarcía reuniuse onte para seleccionar aos candidatos a recibir o Premio ao Mellor Deportista Local entre as propostas presentadas. Os cinco finalistas son Raquel Meaños (atletismo), Andrés López (triatlón), Jacobo García (vela), Pedro Muñoz (kenpo) e Jordi Aragonés (técnico de baloncesto). O xurado tamén fallou as mencións especiais que se concederán dentro das seis categorías existentes ás que este ano se engade a mención de honra a título póstumo concedida a Celestino Brianes Lojo.
26.11.2019.- Como marcan as bases dos premios que convoca a Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía, o nome do candidato que finalmente reciba o Premio ao Mellor Deportista do Ano farase público no transcurso da Gala do Deporte Local, que este ano se celebrar´o 13 de decembro. Ademais de proclamar ao campión, tamén se recoñecerá aos outro catro finalistas e se concederán as mencións especiais entregadas a entidades e persoas destacadas pola súa labor de defensa e promoción do deporte, así como a técnicos e árbitros que teñan destacado. As mencións deste ano son para a xornalista gráfica Martina Miser, a empresa Garavilla, á Asociación Encestarías, á técnica deportiva Sandra Estrada, ao directivo José Ramón Santórum e ao club Atlético Arousana.

MÉRITOS DOS FINALISTAS A MELLOR DEPORTISTA LOCAL

 RAQUEL MEAÑOS ASENSI: Polo seus subcampionatos nacionais sub20 en 800 m. en pista cuberta e o aire libre, así como o campionato galego de milla urbana e a participación no mundial u20 na proba de 800m.
 ANDRÉS LÓPEZ TORRES: Polos seus títulos nacionais de duatlón, acuatlón, triatlón sprint e triatlón cross.
 JACOBO GARCÍA GARCÍA: polos seus títulos europeo e mundial sub17 na clase 420 de vela, así como o subcampionato na Copa de España e o terceiro posto no Campionato Nacional sub17 da clase 420.
 PEDRO MUÑOZ FOLE: polos seus éxitos no campionato do mundo sub21 de kenpo, cun título en Kata e o subcampionato en semikenpo, ademais dos títulos autonómicos e nacional en combate, así como o subcampionatos nacionais en semikenpo e full kenpo.
 JORDI ARAGONÉS POSSE: polo 3 posto no mundial sénior de baloncesto feminino como preparador físico da selección española absoluta.


MENCIÓNS ESPECIAIS POR CATEGORÍAS

 Medios de comunicación: a MARTINA OUBIÑA MISER, reporteira gráfica da Voz de Galicia.
 Empresa GARAVILLA SL, polo seu apoio ao deporte local colaborando coa promoción e desenvolvemento do remo.
 Organización de eventos para a A.D.C. ENCESTARÍAS. pola organización do VI Torneo Internacional EncestaRías.
 Técnico deportivo a Dna. SANDRA ESTRADA FERNÁNDEZ, directora técnica e adestradora do Club Ximnasia Rítmica Vilarousa.
 Persoa D. JOSÉ RAMÓN SANTORUM CANTO pola súa labor como directivo de Os Ingleses Rugby Club.
 Traxectoria ao CLUBATLÉTICO AROUSANA, polos seus 25 anos como club de fútbol feminino.
 Mención honra (a título póstumo) a D.CELESTINO BRIANES LOJO pola súa labor en diferentes entidades deportivas locais, así como pola súa labor como membro dos diferentes órganos de goberno da Fundación de Deportes dende a súa creación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -