_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
As candidaturas a mellor deportista local do ano poden presentarse ata o 24 de novembro

O Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes puxo en marcha o mecanismo para a concesión dos Premios Anuais á/ao Mellor Deportista Local coa aprobación das bases que rexen a convocatoria deste ano e coa designación do xurado. En consecuencia, a Fundación abríu o luns, 11 de novembro o prazo para a presentación de candidaturas aos galardóns. Poderán formular as súas propostas os clubs, entidades deportivas ou calquera persoa a título individual que o desexe mediante a presentación do formulario cuberto que pode obterse a través do taboleiro desta web ou nas oficinas de Fundación, sitas en Fexdega. O prazo remata o 24 de novembro. As bases do certame tamén están dispoñibles no taboleiro desta web e na sede electrónica, no enderezo https://sede.vilagarcia.gal , sección da Fundación de Deportes.
11.11.2019.- O premio ao Mellor Deportista Local do Ano poderá ser outorgado aos deportistas, equipos, adestrador, técnicos, preparadores ou árbitros que pola súa traxectoria se distinguiran na súa categoría. En todo caso, a convocatoria dos Premios refírese á tempada deportiva 2017/28 ou ao ano 29018.

Segundo se establece nas bases, o xurado terá en conta a aqueles candidatos que acadaron unha excepcional actuación, merecente de ser salientada pola súa importancia e que ó longo do ano se distinguiran pola súa dedicación ao deporte. Terase igualmente en conta ao deportista que máis adversidades, no seu caso, sufrise durante o ano e, de xeito especial, a deportividade amosada polos aspirantes. O xurado tamén tomará en consideración a aqueles deportistas-adestradores e monitores, valorando a traxectoria individual do técnico e o rendemento dos eu equipo. Por último, poderán aspirar ao premio aqueles árbitros que destacasen polo seu bo labor.

Ademais dos deportistas naturais de Vilagarcía, tamén poderán ser propostos como candidatos aqueles/as deportistas que, sen selo, residan no municipio ou estean federados en clubs locais, polo menos, dende os últimos 5 anos en ámbolos dous casos.

Cinco Mencións especiais

Así mesmo o xurado poderá conceder mencións especiais nos apartados de Directivos/Colaboradores; Adestrador/Monitor/Árbitro; Traxectoria Deportiva, Institucións/Empresas e a Xornalistas/Medios de Comunicación.

Cada candidatura deberá acompañarse dunha exposición de motivos na que se incluirán os méritos deportivos polos que se considera que o aspirante proposto é merecedor do premio, así como todas aquelas circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, sexan merecedoras deterse en conta. Pechado o prazo de presentación, un xurado independente elixirá aos finalistas, entre os que finalmente se elixirá ao vencedor.

O nome do Mellor Deportista do Ano e as demais distincións previstas nas bases faranse públicos e entregaranse no transcurso da gala da XXIX edición da Festa Local do Deporte 2019, que se desenvolverá o 13 de decembro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -