_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A Fundación Juana de Vega recoñece á Escola Infantil de Vilaxoán cun accésit dos premios de intervención na paisaxe

O edificio da Escola Infantil de Vilaxoán, do arquitecto Iago Fernández Puentes, vén de ser galardoado nun dos máis prestixiosos certames de arquitectura de Galicia, os Premios Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe. A obra, promovida polo Concello de Vilagarcía e financiada pola Deputación Provincial de Pontevedra, foi recoñecida cun accésit na categoría de intervención en espazos exteriores. O xurado, composto por un equipo de recoñecidos expertos, valorou “a alta calidade estética” do inmoble e a súa adecuación á contorna do barrio popular mariñeiro na que se empraza.
07.11.2019.- Os premios Juana de Vega de Intervención da Paisaxe entregáronse este mediodía nun acto celebrado na sede da propia organización, no municipio de Oleiros. Ademais do autor do proxecto, asistiron á cerimonia o alcalde, Alberto Varela; a concelleira de Urbanismo, Paola María; e o deputado provincial Santos Héctor, como representantes das administracións promotoras deste edificio público. Tamén estiveron presentes no acto o director do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Guillermo Evia; o presidente da Fundación, Enrique Sáez; e a directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, Isabel Aguirre.

A Escola Galega da Paisaxe convoca o certame, que conta con tres categorías. A candidatura de Vilagarcía concorría na de Intervencións en espazos exteriores, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións, tanto públicos coma privados, que contribúan a mellorar a calidade da paisaxe. O premio é un recoñecemento a aquelas intervencións no patrimonio natural e construído que contribuirán a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo.

A Escola Infantil de Vilaxoán recibiu o segundo dos tres accésits que o xurado concedeu na súa categoría. A Fundación resalta na súa descrición da obra “o preciso traballo” do arquitecto Iago Fernández Puentes. “Tratábase de construír unha escola nunha zona complexa, con edificios desordenados, varias rúas e un campo de fútbol. A aparición do centro de ensino, un edificio alongado en curva, nesa contorna é unha resposta moi axeitada máis alá dos requirimentos esixidos para cumprir a súa función, pois, coa súa presenza, harmoniza o espazo que a rodea”. O xurado valorou que “a solución atopada resulta de alta calidade estética, presentando, cara á rúa, unha fachada que simula un pequeno grupo de diferentes casiñas en ringleira, comunicadas con un corredor soterrado”.

O segundo accésit ten aínda máis valor se cabe, tendo en conta os estritos criterios e o elevado nivel esixido polo xurado á hora de avaliar os proxectos que concorrían ao certame, razón pola cal declararon deserto o Premio desta categoría por considerar que “ningún dos traballos presentados supoñen intervencións relevantes e de suficiente entidade”. Pola contra, concedeu tres accésits, un máis dos previstos, e que recaeron, ademais na Escola Infantil de Vilaxoán, na actuación de “Dinamización rural a través dunha ruta de sendeirismo” presentada pola Asociación Castaño e Nogal, dos Ancares, e ao proxecto “Hortas de Caramoniña”, en Santiago de Compostela, de Abalo Alonso Arquitectos.

Cada un dos accésits está dotado cun diploma e unha cantidade económica de 1.500 euros.

Vilagarcía, exemplo de boa arquitectura

O alcalde felicitou publicamente a Iago Fernández e congratulouse de que o nome de Vilagarcía soe en Galicia a través destes premios e desta obra como exemplo da boa arquitectura e das intervencións urbanísticas de calidade. “Ese é o obxectivo que estamos a marcar nas políticas do Concello e cara o que seguimos avanzando”, engadiu.

O rexedor lembrou que a Escola Infantil de Vilaxoán recibiu numerosos eloxios dende o o momento no que se presentou o proxecto sobre o papel, e máis aínda, cando a obra veuse completamente rematada e encaixada na contorna. “No goberno municipal decatámonos dende o minuto cero de que estábamos ante unha obra merecedora de premios, algo do que tamén deixou constancia a presidenta da Deputación, Carmela Silva, cando veu a coñecer o proxecto. Tivemos moi clara a gran calidade do deseño de Iago, tanto dende o punto de vista estético como funcional, por iso decidimos presentalo a este prestixioso certame. O tempo e a Fundación Juana de Vega déronnos a razón”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -