_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A débeda do Concello reduciuse un 71,64% en tan só catro anos

Os resultados económicos que se van obtendo de cara a elaboración do proxecto dos presupostos municipais para 2020 poñen de manifesto a excelente situación que vive o Concello como resultado da xestión económica do goberno socialista. Un dos marcadores máis relevantes e significativos deste feito é a evolución da débeda que, en tan so catro anos, reduciuse nun 71.64%.
02.11.2019.- A evolución positiva foi constante dende principios do mandato. Cando os socialista accederon ao goberno local en 2015, o Concello acumulaba unha débeda viva de 12.504.000 euros, que se foi reducindo de forma constante ata os 3.46.023 euros nos que queda tras a amortización extraordinaria dos 561.686 euros procedentes do superávit de 2018 aprobada no Pleno celebrado o xoves.

A evolución anual da débeda viva foi a seguinte: 12.504.000 euros (ano 2015), 9.773.599 (2016), 7.006.009 (2017), 5.386.653 (2018) e 3.546.023 (2019 tras a amortización do superávit).

Este percorrido descendente ten a súa lóxica correspondencia na rebaixa do nivel de endebedamento en relación aos ingresos correntes do Concello. Este índice, que se atopaba no 47,39% en 2015, cae a día de hoxe ata o 14,84%. Este ítem é o que se utiliza para calcular a capacidade que ten un Concello para contraer máis débeda. É dicir, no caso de pretender solicitar máis créditos para financiar.
Este concepto está regulado por lei, establecéndose que os concellos poderán concertar libremente novas operacións de crédito sempre que este índice se atope por debaixo do 75%, mentres que deberán xustificar debidamente aa medida e obter autorización da autoridade económica superior si se supera e ata un máximo do 110%. Por riba deste nivel, en ningún caso se poderán subscribir novos préstamos.

O Concello de Vilagarcía hai anos que ten completa autonomía e liberdade para subscribir operacións de crédito, agrandando cada vez máis a súa marxe de manobra. De feito, o normal é que o Concello asine un novo crédito en cada exercicio, como ven acontecendo nos últimos anos, sen que isto eleve o nivel de endebedamento para financiar obras. Ao contrario, segue reducíndose debido as axeitadas políticas económicas e financeiras e á correcta xestión dos recursos públicos que vén realizando o equipo de Alberto Varela a través da Concellería de Facenda, que dirixe Luz Abalo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -