_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade promove o papel da muller na creación cultural con obradoiros, cine, teatro e un faladoiro

A creación cultural é un campo tradicionalmente dominado polos homes e de difícil penetración por parte das mulleres que conseguen acceder a el de forma profesional. Para tratar de que isto vaia cambiando, a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza un programa formativo, divulgativo e de sensibilización no se impartirán obradoiros sobre sectores moi masculinizados, como a banda deseñada, os videoxogos ou o fotoxornalismo, todos eles impartidos por mulleres que a base de moito esforzo, conseguiron facerse cun lugar destacado nesas profesións.
05.10.2019.- “A muller na creación cultural” é o título deste programa organizado polo departamento que dirixe Tania García e que conta cona colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e con financiamento do Fondo Social Europeo. As actividades desenvolveranse do 21 ao 25 de outubro e a asistencia é totalmente gratuíta. Os obradoiros están dirixidos persoas de ambos sexos, a partir de 15 anos de idade, e para participar so terán que inscribirse previamente nas dependencias de Igualdade, no Concello. Os formularios poden obtelos a través do taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal ou nas mesmas dependencias de Igualdade. O prazo para facelo vai do luns 7 ao 16 de outubro.

As actividades comezan o luns 21 de outubro co obradoiro de Banda da Deseñada que se celebrará no IES Castro Alobre en horario de 17 a 20 horas e que impartirá . A Xulia Pisón, ilustradora das revistas Luzes e Yodona, autora dos fanzines “McCactus” e “Legado” e colaboradora en publicacións colectivas de banda deseñada como “Licor Café”, “Altar Mutante”, “Diletantes” e “Saxífono”. Recentemente editou o cómic de divulgación científica e aventuras “Microalgas” e “Mundo Oculto” coa Universidade da Coruña.

O martes, 22 de outubro e coa Aula Cemit do Centro de Matosinhos como escenario, terá lugar o obradoiro de Creación e análise de personaxes de videoxogos que impartirá Luz Castro, socia fundadora de Imaxin|software (1997), directora da área in|gaming cofundadora de Videoxogos.gal, membro de AMIT-gal (Asociación de mulleres investigadoras e tecnólogas de Galicia) e I Premio Ada Byrondo CPEIG (2012). O horario será de 17 a 20 horas.

O mércores 23 ás 21.00 horas proxectarase no Salón García a película de cine documental “Varda por Agnes”, un traballo que relata a experiencia vivida pola creadora Agnes Varda, representante da Nouvelle Vague. Segundo o crítico de cine Miguel Ángel Palomo, de Film Affinity, esta muller foi unha artista total, ninguneada durante décadas á sombra dos tótems masculinos”.

A última das accións formativas será a de Fotografía “Olladas de xénero no fotoxornalismo. O retrato” que se celebrará o xoves 24 de outubro nas instalacións do Liceo-Casino tamén en horario de 17 an 20 horas. A actividade correrá da man de Mónica Vila Ferreirós, fotógrafa de prensa en distintos medios escritos e audiovisuais, fotofixa en cine e televisión e docente en cursos de fotografía. No seu currículo figuran o Premio Galicia de fotografía deportiva en 2005 e terceiro premio na categoría de noticias do Certame de Fotojornalismo EstaçaoImagem Mora 2014.

A programación remata o venres 25, as 19.00 horas no Liceo Casino co faladoiro “O papel das mulleres e a súa situación actual na produción creativa. Ser e estar na creación cultural”. Na actividade participarán Mariana Carballal (Profesora na ESAD de Galicia e de Comunicación Audiovisual en Pontevedra. Directora e actriz. Integrante do grupo promotor de “Tempadas da Igualdade”), Luz Castro (Docente de Comunicación Audiovisual, Creación dixital, Animación e Videoxogos na UDC. Membro da Comisión de I+D+I da Unidade Muller e Ciencia), Andrea Barreira (Autora de literatura infantil, xuvenil e fantástica. Xestora cultural. Forma parte do colectivo feminista de crítica literaria A Sega), Paula Cabaleiro (Xestora cultural e comisaria do programa “Mulleres en acción: Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra) e Bea Camiña (Co-directora do festival Elas Son Artistas. Experta en comunicación e produción de eventos).

A Área de Igualdade clausurará o programa de forma festiva e con optimismo de cara ao futuro co espectáculo “Nabiza Girl”, da actriz Isabel Risco, gañadora do Mestre Mateo en 2014. Será ás 21.00 horas no mesmo salón do Liceo-Casino e, a continuación a primeira fanfarria galega integramente feminina Brassica Rapa fará un pasarrúas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -