MULLER
O Consello da Muller fai un chamamento á participar nas concentracións “polas mulleres ás que deixaron sen voz” O Consello Local da Muller do Concello de Vilagarcia de Arousa celebrou onte unha xuntanza extraordinaria motivada polo terrible suceso de Valga. Na reunión acordouse manifestar “a máis absoluta condena e consternación polos asasinatos machistas das nosas veciñas de Valga, Sandra, Elena e Alba, así como toda a súa solidariedade coa familia.
18.09.2019.- O Consello fai constar que ”o machismo mata e unha vez máis temos que saír á rúa e gritar ben claro que: Basta xa, as mulleres querémonos libres e vivas!!!” Por esta razón, hoxe este mércores ás 20.30, as integrantes do Consello Local da Muller participarán na concentración contra as violencias machistas que terá lugar na Praza de Galicia, e o mesmo farán no acto previsto para o venres, no mesmo lugar e á mesma hora. Ademais, piden a toda a cidadanía “que se sume ás manifestacións por unha sociedade libre de violencias machistas, polas mulleres, por todas ás que deixaron sen voz!!”