_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Sae a licitación por 113.366 euros a obra o ensanche do vial na problemática curva da Golpelleira

O Concello de Vilagarcía acaba de sacar a licitación a esperada obra de ensanche do último tramo da avenida López Ballesteros, o que da acceso ao barrio da Torre. Ademais de ampliar o ancho da estreita vía, o proxecto inclúe a demolición dunha pequena casa que estrangulaba o paso xusto na curva da Golpelleira, así como o retranqueo do muro de contención que delimita unha das marxes da calzada. A obra licítase por 113.366 euros e as empresas dispoñen de prazo ata o 26 de setembro para presentar as súas ofertas.
07.09.2019.- Tras ter acadado de xeito gratuíto os terreos necesarios para ensanchar a vía mediante a sinatura dun convenio cos propietarios da Golpelleira e, posteriormente, de chegar a acordo para a compra por 10.000 euros da vivenda en ruínas emprazada ao pé da curva, o goberno local por fin levar a cabo unha obra demandada dende hai moitos anos polos veciños da Torre e moi necesaria para mellorar a seguridade viaria neste perigoso tramo. Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses, polo que os veciños da Torre comezarán o novo ano cun acceso mellorado ao seu barrio.

O proxecto aprobado hoxe inclúe tamén a demolición desta vivenda e os correspondentes movementos de terras para permitir o ensanche do vial. Así mesmo, prevé a reconstrución de 97 metros de muro e o seu retranqueo ata á aliñación prevista no actual PXOM para ampliar o ancho da calzada. Isto tamén permitirá habilitar una beirarrúa, medida da que se carecía ata o momento e que contribuirá a mellorar a seguridade dos peóns; se soterrarán os cables do tendido eléctrico e colocarán catro luminarias. Tamén se prevé o acondicionamento do acceso á primeira das vivendas situada tras a curva. Por último, pavimentarase a calzada.

A obra finánciase con fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación Provincial de Pontevedra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -