_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O proxecto Millennials chega a Vilagarcía cun curso de Deseño e prototipado por impresión 3D para a mocidade

O programa de accións formativas que desenvolve anualmente a Concellería de Xuventude para mellorar a empregrabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral da mocidade vilagarciá inclúe este outono un interesante curso de “Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado” organizado a través do Proxecto Millennials da Deputación Provincial de Pontevedra subvencionado polo Fondo Social Europeo. Dezaoito mozos desempregados de entre 16 e 30 anos poderán formarse totalmente gratis neste curso que se impartirá do 16 de setembro ao 15 de novembro no centro de Formación de Matosinhos, de luns a venres e con horario de 9 a 14 horas. Os interesados deben inscribirse a través do enderezo https://www.depo.gal/proxecto_millennials
03.09.2019.- Este curso está dirixido a mozos e mozas menores de 30 años, beneficiarios no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (inscritos nas listas de demandantes o no Servizo Público de Emprego), con nivel de estudos mínimo desexable de Bacharelato ou FP grado medio e con compromiso de implicación durante as semanas que dura a formación.

Con esta actividade preténdese formar traballadores que poidan abarcar tarefas relacionadas co el Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado, un sector en auxe e moi demandado polos empregadores. Tamén se busca que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para ter capacidade propia de desenvolverse neste sector.

O curso ten unha duración de 316 horas, das cales 200 son horas lectivas, 16 horas de titorías técnicas e de empregabilidade, e 100 horas de carga estimada de traballo do alumnado en proxectos individualizados.

A formación será impartida por profesionales/formadores coñecedores do sector e que dispoñen de contactos continuos con empresas do sector e que colaborarán na inserción laboral dos alumnos.

Os contidos a abordar na actividade son:
• Módulo de deseño industrial CAD (90 h)
o Introdución (3 h)
o Croquización (20 h)
o Modelaxe de pezas básicas (30 h)
o Operación en ensamblaxes (17 h)
• Módulo de mecanizado CNC (90 h)
o Contorno, deseño alámbrico e manipulación (20 h)
o Xeneralidades CAM (5 h)
o Operacións de mecanizado 2D (15 h)
o Operacións de mecanizado 3D (30 h)
• Módulo de impresión 3D (60 h)
o Introdución (8 h)
o Deseño paramétrico para pezas de FDM (30 h)
o Deseño non paramétrico para pezas de FDM (8 h)
o Impresión mediante software libre (14 h)
• Empregabilidade (16 h)

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -